Retomando a Acreditación en Competencias Profesionais en Bibliotecas


O 20 de Xaneiro tivemos unha reunión co Subdirector Xeral das Cualificacións na que solicitamos que tamén participasen desde o Servizo de Bibliotecas.

A reunión foi moi produtiva e confiamos en que en breve podamos poñer en marcha o proceso.

Pasamos a relatar cuestións sobre o falado e as posibilidades de continuar avanzando no procedemento.

Para Persoas demandantes da Acreditación:

1) As unidades de competencias profesionais serán 5 como recolle o RD 151/2022 https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-4205 (Anexo X)

2) O certificado profesional está dentro da familia profesional: Servizos socioculturais e á comunidade, Nivel: 3 (Código: SSC611_3)

O certificado neste momento non ten asociado un título formativo  pero varias unidades de competencia poderían convalidarse posteriormente para obter outros títulos similares da mesma familia profesional.

3) Esta familia profesional está implantada en todas as áreas educativas. Polo que necesitamos coñecer que localización vos resultan máis doado para realizar o procedemento.

4) Antes de contar con persoal experto para asesorar e avaliar necesitan saber con canta xente se contaría para o proceso e despois, en función diso, crear as comisións de asesores/avaliadores necesarias e os lugares de celebración do proceso.

5) O proceso é basicamente práctico, non haberá exame como tal, será necesario acreditar: tempo de traballo e/ou formación formal e non formal e poderá consistir nunha proba práctica in situ (o Servizo de Bibliotecas volve ofrecer as BP para realizar as probas).

6) Calquera persoa se pode presentar mesmo non cumprindo os requisitos. Os asesores indicarán se deben presentarse ou non, pero a decisión é persoal.

7) O proceso ten custe aproximado de 10€ por avaliación e de uns 20€ por unidade de competencias que se queira acreditar.

8) Desde a Consellaría propuxéronnos que o procedemento o iniciemos de maneira colectiva desde Bamad para facilitar e axilizar o proceso polo que será a nós a quen teñades que enviar a documentación cando se inicie o procedemento, e nós incorporarémolo á sede electrónica da Consellaría habilitada para tal fin. No seu momento iremos informando disto.

O procedemento realizarase para todas as persoas interesadas, sexan ou non socias de Bamad.

9) As persoas que continuades interesadas no proceso teredes que volver a inscribirvos mediante este formulario que creamos para:

– Saber o lugar onde estaríades interesadas en realizar o procedemento para despois decidir onde se poden localizar as sedes

– Coñecer de novo o número de persoas interesadas (desde o 2019 que iniciamos o proceso puido haber cambio de interese)

Este é o formulario: https://forms.gle/UEiVpEmYbRQKxx3w8

[Podedes difundir o formulario e este correo entre as persoas que creades que están interesadas]

Un saúdo do GT de Perfís Profesionais e Defensa da Profesión e da Xunta Directiva

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.