Webinarios celebrados nos meses de Abril, Setembro e Novembro de 2021
As persoas socias e as inscritas en cada webinario poderán acceder a cada un dos mesmos coas claves faciltadas por Bamad.
Abril:
Webinario: Arquivos, Bibliotecas e Museos en tempos de confinamento: achegamento á cidadanía, co seguinte programa:
Martes 6 de Abril. Bibliotecas a domicilio: como levar a biblioteca e as súas actividades aos domicilios das persoas usuarias.
- Juan Sobrino García: Biblioteca de Sotol del Real: Proxectos sociais de animación á lectura e a súa adaptación á pandemia.
- María Elena Becerra García e María José Villar Fernandez: Bibliotecas de Redondela
Martes 13 de Abril. Abrindo espazos: os museos desde a casa.
- Ana Vasco Castillo: Museo de Belas Artes da Coruña: Distancia social, inclusión e novas tecnoloxías. Un museo en movemento e identidades.
- Manuel Mosquera Cobián: Museo de Belas Artes da Coruña: Iniciativas a remoto no Museo de Belas Artes da Coruña, Belas artes na casa e Correspondencias.
Mércores 21 de Abril. Os Arquivos ante o reto do confinamento.
- Gabriel Quiroga Barros: Arquivo do Reino de Galicia: Arquivos e confinamento: un tempo para a reflexión e para a acción?
- Marta Munuera: Arxiu Municipal de Terrassa: Arquivo, servizo esencial: dando resposta ás necesidades da administración durante o confinamento.
Accede aos vídeos dos webinarios de Abril
Setembro:
Webinario: Información, arquivos e documentos, co seguinte programa:
Martes 14 de Setembro. A cultura galega e o patrimonio documental: encontro coas Fundacións e o seu patrimonio
- Rosa María Méndez e Ana Mateos: Museo do Pobo Galego: As coleccións documentais do Museo do Pobo galego: o Arquivo
- Uxío Novo: Fundación Uxío Novoneyra: O Arquivo Novoneyra: dende o Señorio de Pacios á Casa do poeta – lobo de Parada do Courel
Martes 21 de Setembro. Os servizos de información documental nas Universidades
- María Isabel Casal: Biblioteca Universitaria da USC: O papel das bibliotecas universitarias como servizo de apoio á docencia, á investigación e a xestión nas universidades
- Désirée Mª Domínguez Pallas: Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS): O Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela: pasado, presente e futuro dun servizo de información documental singular.
Martes 28 de Setembro. Empresas e servizos documentais
- Lidia Ferrer: Servicio Móvil: Os novos retos dos procesos arquivísticos en Galicia
- Cristina Ameijeiras: LTM Servicios Bibliotecarios: Perfís profesionais para bibliotecas con futuro
Accede aos vídeos dos webinarios de Setembro
Novembro:
Webinario: A perspectiva de xénero nos centros da memoria: obriga legal, necesidade social e profesional, co seguinte programa:
Luns 15 de Novembro
- Araceli Martínez Estéban: Marco teórico: A perspectiva de xénero, que é? I
- Pilar V. de Foronda: Experiencias nos museos
Xoves 18 de novembro
- Araceli Martínez Estéban: Marco teórico: A perspectiva de xénero, que é? II
- Sabela Pérez Fórneas: Experiencias en bibliotecas
Martes 23 de Novembro
- Alicia Payo: Marco Teórico: A perspectiva de xénero, necesidade social e profesional I
- María del Olmo Ibáñez: Experiencias nos arquivos
Mércores 24 de Novembro
- Alicia Payo: Marco Teórico: A perspectiva de xénero, necesidade social e profesional II
- Branca Novoneyra: Proxecto de recuperación da memoria das mulleres: O arquivo da Memoria das Mulleres do Courel
Accede aos vídeos dos webinarios de Novembro (páxina con contrasinal para persoas socias e inscritas no webinario)
A realización dos webinarios 2021 contaron cunha subvención da Deputación da Coruña.
