Nova Xunta Directiva de Fesabid 2026-2028


Nova Xunta Directiva de FESABID 2026-2028

O 11 de abril FESABID celebrou en Valladolid as súas Asembleas Ordinaria e Extraordinaria e elixiu a nova Xunta Directiva 2026-2028, da que por terceiro mandato consecutivo BAMAD Galicia forma parte.

Queremos agradecer aos e ás compañeiras da Federación por confiar en nós para esta nova etapa.

Presentouse unha única candidatura que foi elixida por unanimidade dos votos emitidos (21 asociacións/colexios profesionais). Deste xeito, a nova Xunta Directiva quedou conformada polas seguintes persoas e cargos:

  • Presidencia: María Teresa Delgado Sánchez pola Asociación Española de Documentación Musical (AEDOM).
  • Secretaría: Carme Galve Montore polo Col·legi Oficial de Bibliotecaris-Documentalistes de Catalunya (COBDC).
  • Tesouraría: Pilar Bueno Lafarga polo Col·legi Oficial Bibliotecaris i Documentalistes Comunitat Valenciana (COBDCV).
  • Vogais:
    • Ariel Brito Jiménez pola Asociación de Bibliotecarios/as y Documentalistas de Canarias (ByD Canarias).
    • Soledad Nuevo Ábalos pola Asociacion Andaluza de Bibliotecarios (AAB).
    • Paloma Vaquero Lorenzo pola Asociación de Archiveros de Castilla y León (ACAL).
    • Alberto Llano Fontela por BAMAD Galicia.

Queremos salientar o noso recoñecemento ao traballo realizado pola Xunta que dá o relevo. Moitas grazas!

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.