A web Memoria Documental de Galicia, que recolle os materiais das xornadas organizadas conxuntamente pola Fundación Olga Gallego de Investigación en Arquivos e BAMAD Galicia, pon a disposición de todas as persoas interesadas as actas completas das xornadas Á procura do pasado para armar o futuro: o rural e as institucións da memoria, celebradas en Lugo o pasado 29 e 30 de novembro de 2024.
Xunto ás actas podedes acceder aos vídeos das intervencións realizadas nas xornadas, dispoñibles na nosa canle de Youtube.
Aproveitamos tamén para anunciar que as próximas Xornadas conxuntas terán lugar en Ferrol os días 25 e 26 de setembro de 2026 baixo o lema “Días de labor: A memoria do traballo e a súa pegada na sociedade e o territorio”.
