Perfil do profesional da información frente á IA, 22 e 23 de maio en Oviedo


APEI organiza esta xornada da Alianza do Cantábrico na que estamos convidadas a participar as asociacións do norte. Entre as asociacións Bamad Galicia participará o sábado 23 na mesa IA: ¿aliada o enemiga de nuestra profesión?

Os días 22 e 23 de maio, Oviedo acolle unha xornada organizada por APEI – Asociación de Profesionales de la Información, dedicada a reflexionar, debatir e compartir experiencias en volta á Intelixencia Artificial e o seu impacto nos arquivos, as bibliotecas e os centros de documentación.

Baixo o lema “A Intelixencia Artificial (IA) non está a punto de cambiar o noso mundo: xa o transformou”, a xornada reune profesionais de distintos territorios e ámbitos para analizar, desde unha mirada crítica e práctica, os retos e oportunidades que plantexa a IA na nosa profesión.

Programa do Sábado 23: reflexión, debate e práctica profesional

Ás 10:30 horas terá lugar o acto de benvida e inauguración, coa participación de representantes institucionais do ámbito cultural e bibliotecario, xunto á presidencia de APEI.

Ás 11:00 horas celebrarase a conferencia inaugural, “IA: la última frontera de la neutralidad bibliotecaria”, a cargo de Luis Miguel Macías Vicente, director da Biblioteca Pública de Salamanca, que abordará un dos grandes debates actuais no exercicio profesional.

Ás 12:30 horas, mesa redonda “IA: ¿aliada o enemiga de nuestra profesión?”, coa participación de:

  • Xoan Manuel Pérez Lijó, presidente de BAMAD
  • David Obregón Sierra, presidente de ANABAD Cantabria
  • Yanira Díaz de Arangiz López de Uralde, presidenta de ALDEE (País Vasco)

A mesa estará moderada por Chelo Veiga, presidenta de APEI, e permitirá contrastar distintas miradas territoriais e profesionais sobre o uso d intelixencia artificial.

Ás 16:30 horasFernando Juárez (Bibliotecario en Muskiz) impartirá o obradoiro “Esto no es un taller de IA… aunque lo parezca”, seguido ás 17:15 horas do obraodiro “Uso sostenible de la Inteligencia Artificial en Archivos y Administración Pública”, a cargo de Mª Luisa Lorenzo Somoza.

Inscricións

Abertas até o 15 de maio a través do correo: apeiasturias@gmail.com.
Actividad gratuíta para socias de APEI e das asociacións adheridas ao convenio d eFesabid, e ten custe de 10 € para persoas non socias.

Programa Completo:

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.