As Xornadas de Arquivos e Bibliotecas públicas de Galicia: dun presente imperfecto a un futuro transformador, organizadas pola Deputación da Coruña, coa colaboración de Bamad Galicia, celebráronse o 19 e 20 de febreiro de 2021, dentro do Programa da Deputación da Coruña A Cultura é un dereito.

O programa e a información das xornadas pode verse nesta ligazón.

Poñemos a disposición do público os vídeos coas intervencións das persoas ponentes e os debates suscitados a raíz das intervencións.
Venres 19 de febreiro: Situación actual dos servizos, lexislación actual e grao de cumprimento, novos marcos
Arquivos: María Díaz Bernárdez. Arquivo Histórico Provincial de Lugo
Bibliotecas: Eugenio Gómez Barreiro. Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña)
Sábado 20 de febreiro:
Profesionais: novos retos
Arquivos: Rosa Martín Rey. Xerencia Territorial do Catastro de Lugo
Bibliotecas: Alicia Sellés Carot. Presidenta de FESABID
Propostas imprescindibles para unha década
2021-2030
Arquivos: Olimpia López Rodríguez. Arquivo Xeral Territorial de Lugo
Bibliotecas: Xoán Manuel Pérez Lijó. Biblioteca Municipal de Ames