BAMAD Galicia está aberta a:
- As persoas Diplomadas, Graduadas e Licenciadas en Arquivísticas, Museoloxía, Biblioteconomía e Documentación.
- Todas aquelas persoas que exerzan funcións técnicas e profesionais en Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ou organizacións relacionadas con estes servizos, radicadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Como socios institucionais os Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ubicados no territorio da Comunidade Galega así como a calquera outra organización que desenvolva a súa actividade nestes campos.
- Como socios protectores aquelas persoas físicas ou xurídicas que presten á Asociación unha eficiente axuda moral ou material a proposta da Xunta Directiva e ratificados na Asamblea Xeral.
- Como socios honorarios aqueles que se destacaren polos seus relevantes méritos culturais, científicos ou técnicos en relación cos Arquitos, Bibliotecas, Museos e cos Centros de Documentación de Galicia, que sean acreedores de ser recibidos na Asociación como tales a proposta da Xunta Directiva e ratificados na Asemblea Xeral.
Motivos para asociarse a BAMAD Galicia:
Pola Formación: O noso programa contempla a realización de media ducia de actividades formativas ao ano con descontos, e algunha gratuíta, para persoas asociadas.
Ademais as persoas asociadas a Bamad Galicia poderán contar con descontos de socios nas actividades formativas das asociación federadas en Fesabid e na AAV (Associació d’Arxivers i Gestors de Documents Valencians)
Pola Información:
Realizamos seguimento periódico das noticias que nos afectan: convocatorias de oposicións, noticias de interese, lexislación… Noticias que difundimos entre as persoas asociadas.
Pola Defensa da Profesión:
Porque estamos pendentes de que se cumpran as leis. Opinamos sobre decisións tomadas polos organismos públicos e dirixímonos ás institucións cando é necesario opinar, reclamar ou suxerir sobre asuntos que nos afectan.
Pola Forza:
Porque xuntos temos máis forza á hora de poder ofertar máis e mellores servizos e para podermos facer unha mellor defensa da profesión.
Asóciate!
Podes asociarte neste formulario. O custe anual da cota normal é 60€ e de 30€ para persoas desempregadas e menores de 30 anos.
E se isto non che convence podes enviarnos as túas suxestións sobre como mellorarmos a bamadgalicia@gmail.com
E se xa és unha persoa asociada, podes enviarlle esta información a persoas coñecidas e amizades que poidan ter interese en formar parte de BAMAD Galicia.
Anímate a participar!
Buenas tardes, actualmente no trabajo cómo bibliotecaria, pero si trabaje, igualmente puedo asociarme, muchas gracias.
Mi cv.
https://tejueleando.com/cv/
Boa tarde: grazas polo interese. Efectivamente podes asociarte se o desexas. Como indica nos estatutos:
Poderán ser persoas socias numerarias:
As persoas que estuden ou teñan titulación de diplomatura, grao, licenciatura, postgrao ou mestrado en Biblioteconomía, Documentación, Arquivística, Museoloxía e Ciencias da Información e da Documentación.
Todas aquelas persoas que exerzan ou estexan interesadas en exercer funcións técnicas e profesionais para Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación ou organizacións relacionadas con estes servizos.
Ofrecemos a posibilidade de cuota normal (60€) para todas as persoas empregadas ou maiores de 30 anos, e a cuota reducida (30€) para aquelas persoas desempregadas eou menores de 30 anos. Podes descargar a ficha de inscrición en: https://www.dropbox.com/s/satb0pp01prrq8y/Ficha_Inscricion_Bamad.pdf?dl=0 e para calquera dúbida dirixirte ao email: bamadgalicia@gmail.com
Boa tarde,
Se me permiten, deixarei unha pregunta:
Estou sopesando asociarme a Bamad e estou lendo a información desta web pero non atopo en ningún apartado o importe da cuota de socio.
Grazas pola súa atención e información.
Un saúdo
carmela
Grazas por informarnos. A verdade é que tíñamos anunciado as cuotas varias veces e publicado algunha noticia ao respeito pero, efectivamente, non figura en ningún lugar visible desta sección a cuota de asociación.
Acabamos de cambiar a sección de asociarse e agora figuran as cuotas e outras ventaxas de ser membro de Bamad.
Un saúdo