
En BAMAD Galicia queremos coñecer os proxectos e iniciativas que se están a levar a cabo en arquivos, bibliotecas, museos e centros de información e documentación e divulgalas para que poidan servir de inspiración a outras persoas profesionais do sector.
- Tes unha experiencia que che gustaría dar a coñecer?
- Podes compartir os teus coñecementos nalgunha materia, impartir algún curso ou obradoiro?
- Participaches en proxectos, actividades coa comunidade, mostras, programas ou iniciativas destacables?
- A túa institución ou ti recibistes algún premio ou formastes parte de concursos, subvencións ou intercambios?
Se é así, podemos darvos voz, visibilizar as vosas experiencias profesionais e establecer unha rede de colaboración para poder levar a cabo novas accións ou propostas que nos axuden a medrar e a enriquecernos como profesionais.
Podes participar a través deste formulario: https://forms.gle/BVGqyi5MctDRbdH97
Construamos xuntas unha rede de experiencias, aprendizaxes e boas prácticas!
Categorías:Actividades Bamad, Arquivos, Bibliotecas, Centros de Documentación, Noticias Bamad