Conversas de bibliotecarix a bibliotecarix: Isabel Sánchez, Bibliotecas Municipales de Salamanca


Agardamos que tiverades boa entrada ao 2023, e un Entroido acompañado de filloas.
Nós fomos ata Salamanca para coñecer o gran traballo que poñen en marcha alí!

Bo día, Isabel! Antes de nada, moitas grazas por participar e conversar connosco!
Poderías facer unha breve introdución das Bibliotecas Municipais de Salamanca?
Bo día! Grazas por contar con nós neste proxecto!
A Red de Bibliotecas de Salamanca está formada por 6 centros, repartidos estratéxicamente por todos os barrios da cidade, sendo a cabeciera a Biblioteca Torrente Ballester.

Cal é a vosa líña de traballo?
A nosa misión é que a biblioteca sexa un espazo de encontro e participación cidadá. Traballamos para que a Bibioteca sexa entendida non só un lugar para vir a coller un libro, un disco ou unha película senon un espazo no que suceden e se poden vivir moitas cousas: dende teatro, títeres, narración oral, os clubs de lectura, de idiomas, de cine; obradoiros, ata festivais, tertulias, … unha variedade de propostas que reúna todas as inquedanas e desexos da veciñana de Salamanca. Deste xeito, conseguimos que a Biblioteca se transforme nun espazo de referencia cultural e de aprendizaxe continuo. E, por suposto, traballamos tamén para que os salmantinos e as salmantinas poidan considerarlo como seu; por iso, entre outras etratexias, prestamos as instalacións aos grupos de artistas de todas as disciplinas da ciudade para ensaios, encontros, mesas redondas ou calquera outra cousa para a que os poidan necesitar.

Vaia! Dende logo unha liña e traballo consistente e destinada á poboación!
Si. De feito, temos unha misión que secretamente chamamos “Buscando aliados/as” que se basa na convicción de que é a xente a que reforza a cimentación da biblioteca e que sentindoa súa serán capaces de defendela das ameazas externas que rondan sempre o papel da biblioteca nos presupostos das administraciones.

Cales consideras que son as principais ameazas a sortear a día de hoxe? e cales cres que serán as futuras ameazas?
As principais ameazas son de índole político e social. É dicir, ata que punto as bibliotecas resultan “rentables” para os presupostos da Institución á que pertencen. É tamén unha cuestión de valorar que é rentable ou que non o é, porque a rendabilidade das bibliotecas é sempre a medio e longo prazo, pero a cultura é a irmá pobre dos presupostos e, cada vez máis, vaise empobrecendo e facéndose máis prescindible.
Tamén ten que ver co tipo de sociedade na que estamos inmersas. O cambio de hábitos, de valores, de necesidades. Na era de TikTok, as bibliotecas e en xeral a cultura, esvaécese. Hoxe importa máis perder horas vendo Reels dalguén facendo calquera cousa, que ganalas lendo un bo libro ou indo a ver unha obra de teatro ou a un concerto.
Moita xente prefire ver películas nas plataformas, antes que ir ao cine. Outras prefiren ver un concerto en YouTube antes que en directo. Moita xente prefire ler libros nun eReader ou ver “tele-basura”… son moitas as ameazas nunha sociedade que cada vez vai máis rápido e na que non se fomenta o sosego ou a capacidade crítica e na que a educación se basa en valores que van por camiños moi distintos aos que a biblioteca ofrece.

Mencionas varias ameazas a afrontar entre elas nunha sociedade nun cambio constante, a presencia das novas tecnoloxías na vida diaria, e a fraxilidade da cultura. Cales cres que son, na túa opinión, as ferramentas que ten a Biblioteca para sortearlas?
Como dicía antes, buscando crear unha alianza coa sociedade, coas persoas; ofrecendo o que as RRSS non ofrecen. Como comentei, traballamos para que a biblioteca sexa entendida coma un espazo de encontro e participación cidadá. Esa é, na nosa opinión, a chave e camiño a seguir.

Podrías falarnos dalgúns proxectos que organizades para conseguir o obxectivo marcado?
Algúns dos proxectos que puxemos en marcha para reforzar estos cimentos, fai xa moito tempo firmamos un convenio coa Universidad de Salamanca e dende distintas Facultades envían alumnado en prácticas á biblioteca que, a cambio de 4 créditos e de poder adquirir experiencia, imparten talleres de conversación en distintas linguas (Facultad de Traducción), obradoiros plásticos infantis (Facultad de Bellas Artes o Pedagogía), obradoiros filosóficos (Filosofía) ou musicais (Conservatorio Superior de Música).
Hai moitas máis colaboracións para seguir fortalecendo o noso papel e cada día xorden algunhas máis como a que parte da Biblioteca do Bosque: un espazo dentro da biblioteca Torrente Ballester que nos permite deseñar propostas de literatura e natureza e no que implicamos á concellería de Medio ambiente ou á Fundación Tormes.
Tamén organizamos dende aquí as dúas Feiras do Libro da ciudade: a do libro novo (maio) e a do Libro antigo (outubro) cun ambicioso programa de actividades que acompañan aos libreiros na Praza Maior.

Como nace a idea de crear un convenio coa Universidade de Salamanca? Que avaliación pode facer do proxecto?
Surge de esa necesidad de hacer “aliados/as”, é un proxecto que o ten todo para crear vínculos coa vida da vila. A avaliación é positiva: as fortalezas están claras: todas gañamos. Entre as debilidades, na miña opinión, que dependemos, por ambas partes, da boa vontade de todas as parte de que as cousas e que cando algunhas personas marchan todo pode irse ao traste.

Interésame especialmente o proxecto da Biblioteca del Bosque: lanzo, se me permite, todas as preguntas xuntas: cando e por que nace a idea? que obxectivos persigue? como se materializa a colaboración coa Concellería e a Fundación? E, sobre todo, como acolle o público a iniciativa?
A Biblioteca del Bosque xurde desa necesidade de converter a biblioteca nun espazo educativo e reivindicativo. Preocúpanos moito o cambio climático, os destrozos que estamos a facer no noso Planeta. Quremos concienciar á xente da importancia que os bosques, como ecosistema, teñen na nosa vida cotiá, na nosa saúde, e na prevención de mlales maiores que poden acabar coa vida no Planeta.
Na biblioteca atopas un “bosque” que te permite encontrar libros de naturea de tódo-los xéneros e para todas as idades, pero tamén é un espazo para atoparse nos Clubs de lectura, en presentacións de libros, charlas, conferencias, mesas redondas…
O ano pasado organizamos unhas Xornadas de tres días bixo o título: La Biblioteca del Bosque. A la sombra de las palabras en flor, ás que invitamos a especialistas como Joaquín Araújo, Carlos de Hita, María José Parejo (El bosque habitado de Radio3), profesionais de botánica, inxeniería, arquitectura medioambiental; pero tamén poetas, escritoras/es, artesanas/os, músicos, bailarinas, … Palabras e natureza fundironse con múltiples disciplinas artísticas. O coñecemento relacionado, que é lo único xeito de entender o coñecemento.
Por primeira vez, pedimos as nosas compañeiras/os da concellería de medio-ambiente, que participaran con nós nun proxecto e foi todo un éxito de colaboración, tanto para nós como para a xente que asistiu, que disfrutou moitísimo.
Este ano repetimos, en abril, coas segundas xornadas.

Pois, para quen nos lee, xa sabedes: en abril a Salamanca para disfrutar da Biblioteca do Bosque!

Se estou no certo, realizanse visitas escolares para o alumnado de primaria á Biblioteca para coñecer mellor que é e como funciona a Biblioteca. Que repercusión ten a actividade a medio-longo prazo? Estas visitas ofrécense tamén aos Institutos?
Si, así é. As visitas escolares realízanse todas as semanas, en varios días e varias sesións. Amósase aos escolares as posibilidades que a biblioteca lles ofrece, incidindo naquelas que son de su interese. Cada día, despois da visita, aumenta o número de persoas socias e moito do estudantando volve como socio/a acompañado das súas nais e pais. Tamén, durante as dúas Feiras doLibro de Salamanca, que se organizan dende a biblioteca, ofertanse actividades a escolas e institutos, e sempre se cubren as prazas.
Tamén ofrecemos lotes de libros e outros materiais (películas, discos) para as súas bibliotecas escolares que poden ter nos seus centros durante tres meses, contribuíndo así a paliar a escasez de compras que se fan nos mesmos por falta de orzamento. Estos lotes soen ser temáticos en función das súas necesidades e do que están traballando cada trimestre: a paz, a solidaridade, os medos, o medio ambiente, etc.

Contan con podcast. Debezo por coñecer o traballo detrás desta titánica actividade.
Pois hai moito traballo!
A idea nace tras buscar un xeito distinto e ameno de chegar ao público e facer chegar información variada e veraz, principalmente relacionada coa cultura. Este formato permite que os programas poidan ser escoitados en calquera momento e lugar, e semellan máis cercanos e dinámicos ca, por exemplo, un artigo nun blog. Entre os principais obxectivos e metas está amosar a Biblioteca coma unha institución que vai máis alá do edificio, e que está dispoñible 24 horas 365 días; chegar a novos públicos e comunidades, e poñer a cultura e o coñecemento ao servizo de toda a comunidade. As liñas estratéxicas de traballo baseanse, sobre todo, na busca de temas a abordar, na elaboración e corrección do guión e, por suposto, en todo o aspecto técnico: gravación, edición e difusión. É un traballo moi laborioso, non só polas limitacións materiais, senón tamén pola falta de tempo: para crear contido con regularidade e que sexa de calidade, fai falla tempo, e principalmente capital humano que poida asumir a tarefa sen esquecer todas as outras.

Salamanca, é unha cidade moi internacional; tedes isto en conta á hora de planificar actividades e xestión do fondo?
Pois claro! Unha actividade que hai agora en marcha é un obradoiro de conversación de español para estranxeiros, que organiza unha das integrantes do Club de Lectura (como son as cousas). En Salamanca, como dis, viven persoas de diferentes orixes, moitas delas que chegaron fuxindo da guerra, como aquelas que chegaron dende Siria, ou coma refuxiados políticos. Cando chegan, CÁRITAS, imparte un obradoiro de español de tres meses para que poidan deselvolverse na cidade; mais en tres meses é difícil chegar a ter confianza no idioma para, por exemplo, poder atopar traballo. Por iso, puxemos en marcha un obradoiro de conversación, dando así un apoio extra no proceso de aprendiaxe do idioma e de integranción na cidade.

Quixera coñecer a vosa liña de traballo para dar a coñecer o fondo local de Salamanca.
Na biblioteca recibimos todo o que se publica en Salamanca de carácter local. Hai una sección específica de documentos de todo tipo sobre Salamanca e Castela e León.
Tamén se promoven presentacións, charlas, encontros, entre outras cousas. Non só con libros senon tamén con músicos locais que teñen a súa propia sección na Fonoteca, baixo o título de “LOCALES” e cos que organizamos exposicións, mesas redondas e concertos.

E todos os proxectos que facedes, cal é o motor que os poñen en marcha?
Pois o equipo humano que estamos detrás da Biblioteca, do noso empeño persoal. Poderíamos limitarnos a facer as tarefas de atención ao público, apertura, e xestión da colección, e quizáis organizar algunha actividade que se nos pide que levemos a cabo; pero non se nos esixe, por dicilo dalgún xeito, que nos saiamos destas tarefas. Nós entendemos que a Biblioteca, como ente social, pode estar chamada a desaparecer, porque ese papel tradicional vencellado á Biblioteca xa non ten uso na sociedade actual: dende a casa xa se pode ter acceso a información de todo tipo, libros, películas, etc., polo que xa non existe esa necesidade de acudir á Biblioteca a facer préstamo de CDs, ou de consultar información nunha enciclopedia. Nós levamos tempo sendo conscientes que a sociedade busca nas Bibliotecas un lugar e momentos de encontro, de participación. E por iso, é vital transformar os servizos da Biblioteca para poder dar resposta a estas demandas. Mais esta transformación non está reflexada en ningunha liña de traballo definida polas políticas públicas e culturais, o que deixa o futuro das Bibliotecas na corda floxa.

O futuro depende entón dunhas mellores políticas bibliotecarias, axeitadas ao contexto social, económico, cultural.
Si, claro. Esto é o que debería ser sempre. Non se pode pretender, nin deixar ao cargo desta tarefa de transformación únicamente ao persoal das Bibliotecas. Na Rede de Bibliotecas de Salamanca, podemos poñer en marcha proxectos coma un podcast, ou a organización de Xornadas, mentres se siguen mantendo os servizos de atención ao público, ou ordenación, ou calquera outra tarefa, porque contamos cun cadro de persoal amplo. Mais esta non é a realidade xeral, nós non somos un exemplo, somos unha excepción.

E por que cre que non existen políticas que dean resposta a esta realidade?
Complicada pregunta. Poderiamos dicir que neste sentido, existe unha tendencia a promocionar e apoiar actividades que sexan vistosas. Non é habitual que se lle dea moito apoio nin visibilidade a unha programación de, por exemplo, un festival de saxofonistas, na que hai artistas de gran calidade, que cobran, coma calquera outro, que hai unha programación e xestión detrás, como para calquer outro evento, e que teñen un público, como calquera outro evento. Mais non é valorado nin recoñecido polas institucións.

Pensa que esta falta de recoñecemento por parte dos políticos é espello do sentir da poboación?
Non. En Salamana faise unha enquisa de satisfación dos servizos municipais, e a Biblioteca sempre aparece en segundo lugar, por detrás dos Bombeiros. Penso que iso é un claro indicador e reflexo do sentir da poboación, que valora positivamente á Biblioteca; ou mellor dito: que fan uso e necesitan dos seus servizos. E estes datos, dende logo, parecen non chegar a quen ten o timón para coidar do barco.
A boa valoración dos servizos bibliotecarios, nunca trouxo parella un incremento dos orzamentos, vital para seguir dando servizo, e para continuar crecendo e mellorando.

Hai falta de aposta.
Si. Hai moitas cousas que se poderían facer, coma exposicións, concertos, charlas.., que non se levan a cabo porque non contamos con orzamento suficiente. Isto deixanos nunha situación moito máis delicada do que poida parecer; temos que ter en conta que as persoas usuarias xa están acostumadas a poder satisfacer as súas demandas e necesidades culturais e informativas na Biblioteca, e para seguir mantendo os servizos e as actividades, hai que contar cun orzamento que sexa viable, non só coa programación pero tamén co contexto socio-económico, unha actividade de contacontos, por exemplo, ten un prezo distinto ao que o tiña anos atrás.

Xa, a subida de prezos vai máis aló da cesta da compra.
Si, claro. A falta de orzamento nos servizos públicos é algo máis grave e complicado do que pode parecer a primeira vista. Se ir máis lonxe, coa nova normativa transparencia, agora o proceso de adquisición de libros é por concurso público; isto ten cousas boas e malas, e entre as segundas está que case únicamente as empresas grandes poidan facer ofertas competitivas, deixando ao comercio local sen opcións reais. E se a Biblioteca Pública Municipal non adquire nas librerías locais, o efecto dominó e máis longo do que parece.

Poi si, nin eu me decatara dese encadeamento.
A falta de orzamento tamén fai que dependamos da vontade e dispoñibilidade das persoas. Os obradoiros de conversación de castelán para estranxeiros, como te dicía, lévaos unha participante do Club de Lectura, é dicir, voluntaria; se ela, polo motivo que sexa, non puidera seguir xestionando a actividade, é máis que probable que o obradoiro desapareza. Igual que, por poñer outro exemplo, co convenio de colaboración coa Universidade de Salamanca, as actividades que levan o alumnado que fai prácticas non remuneradas aquí, dependen dese Convenio e da voluntariedade.
Moitas das propostas que existen a día de hoxe, son gracias a esa “rede de aliadas/os” da que falaba antes; pero non deberiamos depender da voluntariedade das persoas.

Encadeamos co que falabamos ao comezo, unha situación complicada para o mundo das bibliotecas e da cultura, por extensión.
Si. É un cúmulo de cousas. De novos valores sociais, de políticas que non coidan dos servizos públicos,… Pasa en moitos sectores: na Educación, na Sanidade, … persoal que se xubila pero que non vai ter relevo; orzamentos que van a menos, cando a realidade económica vai encarecendo. En fin, unha situación complicada.

E nesta realidade tan sensible, considera que só as Bibliotecas grandes, como a de Salamanca, poderán sobrevivir?
A verdade é que non, porque as Bibliotecas de municipios máis pequenos, xa levan sendo un lugar de reunión e participación da veciñanza. Se nestas bibliotecas seguen apostando por esta labor social, penso que poden ter un longo futuro.

Hai algo de luz entón?
Si, en certo modo si. É certo que hoxe en día, a implicación da sociedade coa Biblioteca é alta. Mais eu sigo pensando que a chave de todo está na importancia que as institucións tanto locais, autonómicas como estatais debe darlle ás Bibliotecas, e as entidades culturais en xeral; deben decatarse do valor que teñen nunha sociedade en crise, pois son espazos que ofrecen unha variedade de propostas culturais e educativas gratuítas dirixidas a diferentes grupos de poboación. Nós programamos para público infantil, adulto, para persoas con interese en cine, ou en cómic, en fin, un abano moi amplo. E isto é moi importante, un gran valor na sociedade.

Unha gran reivindicación!

Un pracer conversar contigo. Moitas grazas, Isabel!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.