Organiza: Asociación Vasca de Profesionales de Archivos, Bibliotecas y Centros de Documentación (ALDEE); Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAF); e Asociación de Bibliotecarios/as y Documentalistas de Canarias (ByD Canarias).
Imparte: Maldita.es, medio sen ánimo de lucro que loita contra a desinformación: fact-checking, datos, tecnoloxía e innovación.
Modalidade: curso en liña (plataforma Zoom).
Datas de celebración: 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de marzo de 2023, de 18.30 a 20.00 h.
Duración: 10 horas lectivas (6 sesións de 90 minutos máis 1 hora de traballo autónomo).
Prezo: gratuito para persoas asociadasa ALDEE, BAMAD e ByD Canarias. Se restasen prazas disponíbeis abriríase turno de inscrición, coas mesmas condicións para integrantes de entidades FESABID.
Inscrición: do 23 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2023 (persoas asociadas a ALDEE, BAMAD e ByD Canarias). Do 14 ao 28 de febreiro de 2023 (membros de entidades FESABID, sempre que fiquen prazas disponíbeis).
Número de prazas: 250

INTRODUCIÓN
A Fundación Maldita.es ten como prioridade combater a fenda dixital e a desinformación. Para isto é imprescindíbel que quen está en contacto con todo tipo de colectivos vulnerábeis podan identificar e ensinar os riscos vinculados ao uso da tecnoloxía na nosa vida cotiá.
Este curso está especialmente deseñado para formar profesionais da Información e a Documentación co obxectivo de que a tecnoloxía se converta nun nexo coa actualidade e as novas xeracións en lugar de unha barreira, contribuíndo a que a alfabetización mediática chegue a toda a sociedade.
As dúas sesións finais capacitarán os formadores para poder impartir dous obradoiros concretos
proporcionando a secuencia didáctica e os materiais.
Os contidos do curso estarán disponíbeis on-line: material complementario de cada sesión con ligazóns aos vídeos ou lecturas relevantes ademais de infografías específicas e material didáctico de apoio como xogos e dinámicas facilmente reproducíbeis.
PROGRAMA
- Desinformación, WhatsApp e redes sociais:
- Os bulos
- Que está pasando coa tecnoloxía e a información
- Consecuencias da amplificación da desinformación
- Como identificar un bulo?
2. Timos a través do móbil
- O phishing: que é e como aprender a identificalo
- Principais timos co móbil que afectan a persoas vellos e xoves
- Como protexer os nosos datos e que facer se caemos nun timo
3. Xoves e desinformación
- Como se comunican os xoves?
- Pensamento crítico, sesgos, algoritmos e cámaras de eco
- Discursos de odio e desinformación
- Ciberseguridade e convivencia dixital
4. Como encontrar información fiábel
- Procura de información fiábel co método de Lectura lateral
- Como facer boas procuras en Google e Wikipedia
- Verificar imaxes: da observación á procura inversa
5. Obradoiro para xoves
- Que non te metan bulos
- Presentación, explicación e materiais relevantes
- Exemplos reais de bulos que afectan aos xoves e como identificalos
- Práctica guiada de procura de información fiábel
- Uso de ferramientas para verificar imaxes
6. Obradoiro para idosos
- A amplificación da desinformación e os timos a través da internet
- Presentación, explicación e uso de materiais relevantes
- Trucos que axudan a ensinar ás persoas de idade
- Como funciona a amplificación
- Exemplos reais sobre phishing
- Memory contra timos e phishing: a importancia de protexer os nosos datos
Certificación: entregarase certificado de asistencia ás personas con seguimento continuado do curso .
Docente: Verónica Verdugo. Licenciada en Ciencias políticas, formada en Belas Artes e Pedagoxía. Dedícase áa educación en sentido amplo, procurando novas metodolxgías para a innovación no ensino. Forma parte do equipo de Maldita.es, na área de alfabetización mediática (Maldita Educa).
