O 18 de xuño, celebrouse en Valencia o Encontro de Asociacións e Colexios federados en FESABID xunto coa realización da Asamblea Xeral Extraordinaria de FESABID e a Eleccións a cargos da Xunta Directiva de FESABID 2022-2024. Esta tivo especial relevancia para a nosa asociación, xa que por primeira vez BAMAD Galicia vai formar parte da directiva de FESABID.
Queremos agradecer aos e ás compañeiras da Federación en confiar en nós para formarmos parte desta nova Directiva.
Presentouse unha única candidatura, que vertebra a proposta en tres ideas forza: prestixio, retos futuros e traballo colaborativo entre asociacións. Despois da presentación da candidatura e realizada a votación, a nova Xunta Directiva estará conformada polas seguintes persoas e cargos:
- Presidencia: Francesc Xavier González Cuadra polo Col.legi Oficial de Bibliotecaris-Documentalistes de Catalunya (COBDC)
- Secretaría: Teresa Delgado Sánchez pola Asociación Española de Documentación Musical-IAML (AEDOM)
- Tesouraría: Xoán Manuel Pérez Lijó pola Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia (BAMAD Galicia)
- Vogais:
- María Teresa Ortigosa pola Asociación Andaluza de Bibliotecarios (AAB)
- Chelo Veiga García pola Asociación Profesional de Especialistas en Información (APEI)
- Yanira Díaz de Arguiz López de Uralde pola Asociación Vasca de Profesionales de Archivos, Bibliotecas y Centros de Documentación/Artxibategi, Liburutegi eta Dokumentazio Zentroetako Euskal Profesionalen Elkartea (ALDEE)
- Elena López de la Fuente pola Sociedad Española de Documentación e Información Científica (SEDIC)
- Mercedes Rojas Granero polo Col.legi Oficial de Bibliotecaris i Documentalistes de la Comunitat Valenciana (COBDCV)
En todo momento se salientou o recoñecemento e agradecemento á Xunta Directiva cesante polo enorme traballo realizado.


Categorías:Noticias Bamad