9 de xuño, Dia Internacional dos Arquivos, 2022


#SomosArquivo é o lema escollido polo Consello Internacional de Arquivos (ICA) para celebrar o día internacional dos arquivos, o 9 de xuño de 2022.  

Os e as profesionais estamos directamente interpelados este ano polo Consello Internacional dos Arquivos, para expresar que é ser Arquivo.  

E que é?  

  • É coñecer as e os arquivistas que traballan nos nosos centros, cantos, onde, con que formación, en que postos. 
  • É empoderar ás profesionais, debido a que sobre os seus ombros recae a xestión, a organización, a difusión, a conservación, a preservación da memoria.  
  • É recoñecer o noso papel na construción consciente da memoria do noso pobo, tomando partido por uns arquivos de todas e para todas  
  • É mostrar as mulleres ocultas entre os fondos, iluminar os seus perfís para que brillen como deben no concerto xeral.  
  • É elaborar instrumentos que as visibilicen para que aqueles e aquelas que as buscan as atopen facilmente.  
  • É mirar cara ás e aos desfavorecidos, para non excluílos irreflexivamente da memoria que debe perdurar.  
  • É esixir ás institucións e ás organizacións outras miradas, outras accións, outras actividades, para incluír, para acoller, para non discriminar.  
  • É, en resumo, camiñar conscientemente cara a unha memoria social e individual inclusiva, co impulso profesional de quen non podemos acomodarnos, pedíndolle a quen toman decisións sempre, un paso máis, un esforzo maior, unha acción mellor.  

#SomosArquivo #IAW2022

Categorías:Arquivos, Noticias Bamad

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.