Xornadas: As Mulleres, a información e os centros da memoria


Presentamos as Xornadas que organizamos entre Bamad Galicia e a Fundación Olga Gallego como primeira actividade do noso proxecto conxunto de Memoria Documental de Galicia. As Xornadas As Mulleres, a información e os Centros da Memoria son as primeiras conxuntas e este ano serán tamén as IV Xornadas Olga Gallego de Arquivos.

As xornadas realizaranse presencialmente na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago o venres 1 e o sábado 2 de Abril de 2022.

Presentación:

Os arquivos, as bibliotecas e os museos son centros que custodian a nosa memoria e como institucións da nosa sociedade tamén participan ou participaron dunha concepción androcéntrica do mundo, indagar sobre esta situación e propiciar cambios desde un enfoque feminista serán os propósitos principais destas xornadas. Esa transformación dos centros da memoria buscará, non tanto a memoria das mulleres, senón colocar as mulleres no centro da memoria.

O obxectivo é ambicioso, supón elaborar sistemas novos, que en ocasións implican un salto ao baleiro porque non dispoñemos de precedentes, e supón tamén reordenar ou, máis ben, establecer unha nova orde de pensamento e análise. Para iso nestas xornadas reflexionaremos sobre como adaptar as técnicas propias de arquivos, bibliotecas e museos a un enfoque feminista; como incorporar a perspectiva de xénero ás estruturas e aos procesos de traballo nas institucións da memoria; como colaborar coas iniciativas que xorden na sociedade civil para conservar esa memoria non vinculada ao poder, á propiedade ou á xerarquía; como dar resposta ás necesidades de novos enfoques de investigación e a novas demandas de información sobre as mulleres; en fin, como podemos construír un novo marco que encadre os centros da memoria como institucións que conserven unha representación das mulleres e os homes xusta e equitativa.

O rexistro do pasado da raza humana que se escribiu e interpretou é só un rexistro parcial, pois omite o pasado da metade da humanidade
—Gerda Lener

Programa e Ponentes:

Venres 1 de Abril
Mañá
09:30h: Recollida de Documentación
10:00h: Inauguración
10:30h: Conferencia inaugural. María Xosé Agra
11:30h: Café
12:00h: Bibliotecas:
“Perspectiva de xénero e biblioteconomía”. Ana M. Muñoz Muñoz
“Políticas bibliotecarias e perspectiva de xénero”. Alexia Luiña López
13:00h: Debate
13:30h: Comunicacións
14:00h: Remate
Tarde
16:30h: “Información, investigación e feminismo, que esperan das institucións da memoria?”
Xornalismo. Tamara Montero Barreiro
Investigación. Verónica Sierra Blas. Cristina Sánchez Carretero
18:00h: Debate
18:30h: Comunicacións
19:00h: Remate
Sábado 2 de Abril
Mañá
10:00h: Arquivos:
Arquivos e feminismo. Mariam Mariño Costales
Políticas arquivísticas e perspectiva de xénero. Olimpia López Rodríguez
11:00h: Debate
11:30h: Café
12:00h: Fóra de circuíto, fóra das institucións:
Memoria das mulleres. Núria Jornet Benito
Memoria social. Arquivo de Vite. Paula Ballesteros Arias e Brais Santomil Cao
13:00 h: Debate
13:30 h: Remate
Tarde
16:00 h: Museos
Perspectiva de xénero e museoloxía. Marián López Fernández Cao
Políticas para museos e perspectiva de xénero. Marga Sánchez Romero
17:00h: Debate
17:30h: Conferencia de clausura: Cultura e feminismo. Mari Fe Santiago Bolaño
18:30h: Remate

Aberto o prazo de inscrición nas Xornadas

Recepción de Comunicacións aberta até o 15 de marzo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.