Temos o pracer de anunciarvos un novo proxecto que lanzamos entre Bamad Galicia e a Fundación Olga Gallego.
Memoria Documental de Galicia vai ser o escaparate das actividades conxuntas que realizaremos entre as dúas entidades e onde divulgaremos xornadas, encontros ou publicacións, e onde esperamos contactar con todas as persoas interesadas nestas actuacións.
Memoria Documental de Galicia nace con vocación de realizar actividades, en principio bianuais, centradas na realización de Xornadas profesionais sobre temáticas de actualidade nos arquivos, bibliotecas museos e centos de documentación.
A web está nos seus comezos pero xa aproveitamos para presentarvos o que será o noso proxecto estrela deste ano, as xornadas As Mulleres, a información e os centros da memoria que se realizará presencialmente na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela o venres 1 e o sábado 2 de abril de 2022.
A web complétase con información sobre o Programa e as Ponentes que van participar nestas Xornadas. Desde este momento está tamén aberto o prazo para a recollida de Comunicacións sobre esta temática.
