Webinario: A perspectiva de xénero nos centros da memoria: obriga legal, necesidade social e profesional


Bamad Galicia presenta un programa de webinarios que durante este ano realiza encontros con profesionais e experiencias en diferentes servizos.

Para o mes de novembro presentamos o webinario A perspectiva de xénero nos centros da memoria: obriga legal, necesidade social e profesional, centrado na recuperación da memoria das mulleres nos centros da memoria.

Luns 15 de Novembro

  • Araceli Martínez Estéban: Marco teórico: A perspectiva de xénero, que é? I
  • Pilar V. de Foronda: Experiencias nos museos

Xoves 18 de novembro

  • Araceli Martínez Estéban: Marco teórico: A perspectiva de xénero, que é? II
  • Sabela Pérez Fórneas: Experiencias en bibliotecas

Martes 23 de Novembro

  • Alicia Payo: Marco Teórico: A perspectiva de xénero, necesidade social e profesional I
  • María del Olmo Ibáñez: Experiencias nos arquivos

Mércores 24 de Novembro

  • Alicia Payo: Marco Teórico: A perspectiva de xénero, necesidade social e profesional II
  • Branca Novoneyra: Proxecto de recuperación da memoria das mulleres: O arquivo da Memoria das Mulleres do Courel

Todas as actividades realizaranse na plataforma Zoom en horario de 19 a 20.30h.

Prazo de inscrición: aberto neste formulario.

O prezo é gratuíto para persoas socias e ten un custe de 10€ para o conxunto dos catro webinarios para persoas non socias que deberán facer ingreso na conta: ES19 1491 0001 2920 2372 4921 indicando nome + apelidos + webinar

A realización dos webinarios 2021 contaran cunha subvención da Deputación da Coruña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.