Orzamentos 2021 para Arquivos da Xunta de Galicia


BAMAD Galicia ante os orzamentos da Xunta de Galicia para Arquivos 2022

Cando estamos a falar do “maior orzamento da historia de Galicia”, as partidas dedicadas a investimentos en arquivos no orzamento de cultura están conxeladas.

Só soben en pouco máis de 70.00€ o partida dedicada a Bolsas para conservación do Patrimonio documental en arquivos (4801) do capítulo IV.

Outro ano máis, non só non conseguimos recuperar os investimentos dedicados a estes centros anteriores á crise de 2008, senón que, nun contexto alcista dos orzamentos, os arquivos perden peso proporcionalmente no volume de gasto da Xunta de Galicia.

Con estas dotacións será difícil que 2022 sexa o ano do Plan de Arquivos da Xunta de Galicia previsto na Lei de arquivos e documentos de Galicia de 2014. Plan que xa leva 7 anos de demora. Como abordar a creación de arquivos como os Arquivos Xerais Territoriais da Coruña e Ourense, (locais, mobiliario, andeis etc.)? Como abordar axudas á contratación de arquivistas para os arquivos municipais dos concellos máis pequenos? Como implantar a perspectiva de xénero nos centros con estas dotacións?

Nun ano que debería ser de despegue e recuperación despois de máis de ano e medio de pandemia os arquivos terán que volver esperar tempos mellores para poder dar resposta ás necesidades de infraestruturas, de mobiliario ou de ferramentas de traballo.

Desde BAMAD Galicia entendemos que é preciso aumentar o esforzo orzamentario dedicado aos arquivos xa que levan sufrindo unha asfixia económica desde hai máis de 10 anos que afecta ao normal desenvolvemento das súas funcións; que non permite a creación dos arquivos que a propia Lei de arquivos e documentos prevé; e impide atender os novos retos con ferramentas, locais, medios e persoal suficiente. Galicia precisa duns arquivos propios do século XXI que dean servizo á sociedade cos medios necesarios para adaptarnos a un mundo en constante transformación.

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

A Coruña, 28 de outubro de 2021

Cadro comparativo e gráficos de Arquivos 2019-2022

  2022 2021 2020 2019
Bolsas para conservación do Patrimonio documental en arquivos (4801) 114000 107406 107406 107406
Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. Adquisicións (6231) 17200 17200 17200 17200
Mobiliario e útiles de arquivos (6252) 24000 24000 24000 24000
Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283) 200000 200000 135000 135000
Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284) 23336 23336 23336 23336
Publicacións en materia de arquivos (6286) 10000 10000 10000 10000
Obras de conservación de arquivos (6321) 50000 50000 35000 35000
Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404) 200000 200000 200000 161250
Axudas a entes locais para investimentos en arquivos (7600) 110000 110000 110000 100000
Total 748536 741942 661942 613192

Categorías:Arquivos, Noticias Bamad

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.