O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. O lema deste ano é “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”, céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos.
O acto principal estatal terá lugar o venres 22 de outubro de 2021 en Teruel. O lugar escollido para este evento conmemorativo é a Biblioteca Pública do Estado en Teruel – Javier Sierra. A xornada poderá seguirse en streaming desde o canal de Youtube do Ministerio de Cultura e Deporte (podedes consultar o programa aquí)
Accións e recursos:
Deseño dun cartel conmemorativo por parte da ilustradora Mayte Alvarado.
– Elaboración dun vídeo e varios clips promocionais relacionados co lema deste ano.
– Campaña nas redes sociais entre até o 31 de outubro. Todos os aplicativos para redes sociais pódense descargar aquí
– Portal web estatal toda a información: Presentación do Día das Bibliotecas 2021 – Ministerio de Cultura e Deporte
A Xunta organiza as III Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia: A Biblioteca Social e a entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria 2021
En Galicia as bibliotecas públicas realizan actividades para conmemorar o Día da Biblioteca (en construción):
Allariz: Biblioteca Municipal
- Domingo 24 de outubro: actuación de Migallas Teatro co espectáculo “ Camiño de historias na bilioteca“no Salón de actos ás 18h.
Ames: Biblioteca Municipal
Obradoiro de impresión polo Día da Biblioteca, para maiores de 8 anos.
- Sábado 23 de outubro, ás 11h. na Biblioteca de Bertamiráns
- Venres 29 de outubro ás 17.30h. na Biblioteca do Milladoiro
Inscrición previa nas bibliotecas

Caldas de Reis: Biblioteca Municipal
- “Outubro de Cómic”: Mostra de cómics para todas as idades:
- convértete nun personaxe de cómic. Osparticipantes fanse fotografías coas caretas de diversos personaxes de cómic que serán publicadas nas redes sociais da biblioteca
- Recoméndanos un título. Os lectores recomendan cómics. As aportacións son publicadas nas redes sociais da biblioteca
- Confeccionamos unha guía de lectura que será entregada na biblioteca e publicada nas redes.
- Parabéns, Biblioteca!: Poñemos a disposición dos nosos usuarios unha “tarxeta de parabéns” onde mostran o seu cariño ás bibliotecas cun debuxo, un poema, un breve texto ou unha viñeta. Entre todas as persoas que participen faremos un sorteo dun lote de libros e cas súas aportacións un mural na biblioteca.

Celanova: Biblioteca Municipal
- Venres 22 de outubro: obradoiro “O método científico”, ás 17.30 h. , para rapazada de entre 5 e 10 anos

A Coruña: Deputación Provincial
- Durante todo o mes: Mergúllate na literatura de autoras: publicamos todos os días un fragmento dunha obra dunha escritora nas redes sociais da Biblioteca, co cancelo #LeoAutorasOct. Atopa inspiración e proba literatura que non coñecías.
- Do 18 ao 24: Apadriña un libro olvidado! atoparás na EbiblioDaCoruna un carrusel con libros xamáis prestados. Descubre un!
- Do 18 ao 24 de outubro: a túa alta na EbiblioDaCoruna ten premio: agasallos para todas as persoas qu se dean de alta nestes días
- Do día 18 ao 22: Descobre algúns tesouros da biblioteca pasando uns minutos na BD: cada día un vídeo sobre algún dos tesouros menos coñecidos de entre os exemplares que podedes atopar na Biblioteca con exemplares nos que ten especial relevancia o papel da muller ao longo da historia.
- Venres 22 de outubro: obradoiro de marionetas de papel, para nenas e nenos de 7 a 12 anos, ás 18 e 20h. Necesario inscribirse previamente
- Venres 22 de outubro: Visita guiada á biblioteca ás 11h.

Narón: Biblioteca Municipal
- Entere o 18 e 23 de outubro: actividade de intercambio de libros Trocolibro
- Sábado 23 de outubro: sacamos a biblioteca de Narón á rúa para celebrar o seu día grande. Estaremos na Praza de Galicia para a dinamización do noso servizo de dúas maneiras:
- Dando información sobre a biblioteca e os seus servizos e
- Cos seguintes espectáculos:
- Ás 11:30 Os tres porquiños. Contacontos para bebés a cargo de Migallas teatro
- Ás 13:00 Galiza máxica. Contacontos para público infantil e familiar. A cargo de Marta Ortiz
- Ás 17:00 Obradoiro de ilustración para todas as idades a cargo de Leandro Lamas
- Ás 18:30 Concerto As miñas mans de Pablo Díaz
É necesario inscrición previa
Máis información: http://biblioteca.naron.es/gl/catalogo/post/d%C3%ADa-internacional-das-bibliotecas-2021

Redondela: Biblioteca Municipal Xela Arias
- Xoves 14 de outubro: Nas bibliotecas municipais de Redondela festexamos o Día das bibliotecas achegando cinema e literatura, co espectáculo familiar: “Cinema marabillas”, da contadora e actriz Raquel Queizás, ás 18:30h., no auditorio do Multiúsos de Chapela
Máis información: https://bibliotecas.redondela.gal/cinema-marabillas-con-raquel-queizas-na-biblioteca-de-chapela/

Ribadavia: Museo Etnolóxico
Parlamos das bibliotecas: coñecelas para usar a información que custodian
- 22 de outubro ás 20.30 Ángel Domínguez López : A biblioteca do Instituto Teolóxico Divino Maestro (Seminario Maior de Ourense): pluralidade temática e interese cultural.
- 23 de outubro ás 20.30 Xulia Santiso Rolán: A Biblioteca de Emilia Pardo Bazán unha biblioteca particular, privada e patrimonial.
- Acceso: https://falemos.xunta.gal/CCEU_MuseoEtnoloxico_Conferencia_18102021, contrasinal: BibliotecaMER
Mostra expositiva: Os almanaques e a educación informal: Exposición de distintos exemplares de almanaques de temáticas variadas: saúde, agrícolas, enciclopédicos, relixiosos editados entre finais do século XIX e o último terzo do século XX.
Taller práctico orientado a clubs de lectura de bibliotecas escolares da ESO: Esculcamos historias nas bibliotecas de museos, (a realizar durante curso escolar, por solicitude do club de lectura, previo envío de información por correo electrónico).

Santiago: Biblioteca Pública Ánxel Casal
- Durante todo o mes: Mostra bibliográfica infantil: “Historias de biblioteca”
- Mércores 20 de outubro: Obradoiro de radio, Twitch, Youtube e outras plataformas de streaming a cargo de Geo, ás 17.30h, de 10 a 17 anos.
- Xoves 21 de outubro: Espectáculo “Ramona Órbita, a dona do tempo” con Pakolas, ás 18.30h., para público familiar
- Venres 22 de outubro:
- Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás 12h.
- Entrega de lotes de libros ás “superlectoras” e “superlectores” infantís e adultos
- Contacontos “O chineiro da Tía María” ás 18.30h. con Xandobela, para público familiar
- Sábado 23 de outubro: Sesión de narración oral “Outra vez!” da man de Vero Rilo ás 12h., para crianzas de 3 a 8 anos.
- Luns 25: Tecendo soños: obradoiro para bebés a cargo de de EmanArte ás 11.30h., de 0 a 3 anos
O Saviñao: Biblioteca Municipal
- Venres 15 de outubro: Deixa o móbil e debuxa: obradoiro de viñetas e humor gráfico con Xosé Manuel Hermanager, iniciación á ilustración e banda deseñada, ás 16h.
- Venres 22 de outubro: Terroríficas: historias de terror: obradoiro de achega á literatura de terror a diversos públicos a través da lectura e da escritura, ás 18h.
Prazas limitadas, necesario inscribirse no tel.: 982 452 324
Máis infomación: https://bpmsavinao.wordpress.com/2021/09/30/outubro-mes-das-bibliotecas/


Vigo: Biblioteca Municipal Neira Vilas
- Venres 22 de outubro: Lectura asistida con cans. Ás 10 e 18h.
- Ás 10h. obradoiro de intervencion asistida con cans para os ususarios e usuarias de AFAGA no que promoveremos a colaboración e fomentamos a empatía e a autoestima ao tempo que supón unha fonte de entretemento, diversión e xogo.
- Ás 18h. o público infantil terá a oportunidade de participar noutro obradoiro de fomento á lectura recreativa no que buscamos que os nenos e as nenas adquiran un hábito de lectura como entretemento e que desenvolvan unha conciencia sobre o coidado dos libros, dos animais e das relacións interpersoais.
Máis información: https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/events/dia-da-bibliotecas-lectura-asistida-con-cans/
Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel
- Exposición do 1 ao 30 de outubro: “Bibliotecas que crean futuro”. 2021 Ano Ibero-americano das Bibliotecas.
- Exposición bibibliográfica do 1 ao 30 de outubro: “Bibliotecas na literatura infantil”.
- XXI SETTIMANA DELLA LINGUA ITALIANA NEL MONDO, do 18 ao 23 de outubro:
- Exposición de libros ilustrados representativos da literatura infantil e xuvenil italiana. O Comité Dante de Vigo celebrará a XXI Semana da lingua italiana no mundo organizando unha exposición de libros ilustrados para nenos e adolescentes do 18 de outubro ao 7 de novembro
- Lectura de obras da literatura infantíl italiana, coa colaboración de ensinantes de la E.O.I. de Vigo e de Ladantevigo. 19 e 21 de outubro de 18 a 19h. e 23 de outubro 2021 de 10:30 a 11:30h.
- OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA: Programa semanal de aprendizaxe práctico e integral de banda deseñada dirixido a un público xoven. Impartido por María Vilar. Para maiores de 6 anos. OUTUBRO: Sábados 16, 23, 30 de 12:30 a 14h.
- Xoves 21 de outubro: “Historias do mar”. Olga Abad “A BIBLIOTECA DOS PEQUENOS”, de 0 a 3 anos
- Venres 22 de outubro: Imprenta creativa: Obradoiro de escritura de postais con tipografía e outras técnicas de estampación. Impartido por Alouette Machine. Nenos e nenas de 6 a 10 anos. De 18:30 a 20h.
- Sábado 23 de outubro: “As andainas dos Monifates e don Gaiferos” “OS SÁBADOS, CONTO”A partir de 4 anos, ás 12h.
- Sábado 23 de outubro: Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18h.
Todas as actividades requiren inscrición previa: 886 120 440 / 886 120 445
Máis información: https://bibliotecas.xunta.gal/vigo/gl/actualidade/axenda
Vigo: Biblioteca do Museo de Arte Contemporánea (Marco)
O MARCO adiántase ao Día das Bibliotecas cun programa especial marcado pola reapertura da Biblioteca-Centro de documentación a partir do martes 19, ademais dunha sesión especial de obradoiro para adultos, e a proxección do documental “We Live in Public” como actividade complementaria do Club de Lectura.
- Martes 19 de outubro: reapertura da Biblioteca-Centro de Documentación do Marco
- Martes 19 de outubro: Proxección do documental “We Live in Public” Como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, 19h.
- Mércores 20 de outubro: “Cóntame o teu” Taller de estampación inspirado en relatos breves, conducido por María Xosé Martínez, ás 19h.
Necesario inscrición previa en: recepcion.marco@gmail.com

Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura