Bamad Galicia presenta un programa de webinarios que durante este ano realiza encontros con profesionais e experiencias en diferentes servizos.
Para o mes de setembro presentamos o webinario Información, arquivos e documentos, centrado en servizos de empresas, fundacións e universidades.
Martes 14 de Setembro. A cultura galega e o patrimonio documental: encontro coas Fundacións e o seu patrimonio
- Rosa María Méndez e Ana Mateos: Museo do Pobo Galego: As coleccións documentais do Museo do Pobo galego: o Arquivo
- Uxío Novo: Fundación Uxío Novoneyra: O Arquivo Novoneyra: dende o Señorio de Pacios á Casa do poeta – lobo de Parada do Courel
Martes 21 de Setembro. Os servizos de información documental nas Universidades
- María Isabel Casal: Biblioteca Universitaria da USC: O papel das bibliotecas universitarias como servizo de apoio á docencia, á investigación e a xestión nas universidades
- Désirée Mª Domínguez Pallas: Arquivo Histórico Universitario de Santiago (AHUS): O Arquivo Histórico da Universidade de Santiago de Compostela: pasado, presente e futuro dun servizo de información documental singular.
Martes 28 de Setembro. Empresas e servizos documentais
- Lidia Ferrer: Servicio Móvil: Os novos retos dos procesos arquivísticos en Galicia
- Cristina Ameijeiras: LTM Servicios Bibliotecarios: Perfís profesionais para bibliotecas con futuro
Todas as actividades realizaranse na plataforma Zoom en horario de 19 a 20.30h.
Prazo de inscrición: aberto neste formulario.
O prezo é gratuíto para persoas socias e ten un custe de 10€ para o conxunto dos tres webinarios para persoas non socias que deberán facer ingreso na conta: ES19 1491 0001 2920 2372 4921 indicando nome + apelidos + webinar


A realización dos webinarios 2021 contaran cunha subvención da Deputación da Coruña.

Categorías:Actividades Bamad, Arquivos, Bibliotecas, Formación Bamad, Museos