Bamad Galicia ante o nomeamento de persoal para dirixir o Servizo do Sistema de Bibliotecas de Galicia


BAMAD GALICIA, Asociación de profesionais dos arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación de Galicia, acaba de recibir a nova de que a Xunta de Galicia escolle para ocupar a xefatura de Servizo do Sistema de Bibliotecas de Galicia a unha persoa non bibliotecaria, entendemos que non foron quen de atopar entre o seu persoal técnico de Bibliotecas da administración autonómica (en total, 47 persoas) ningún perfil profesional que poida asumir a coordinación das redes de bibliotecas do país, e os servizos e apoios que son precisos para o seu óptimo funcionamento. Tampouco debe haber perfís axeitados entre o elevadísimo número de bibliotecarias e bibliotecarios das universidades galegas, nin nas restantes administracións públicas, desde a Estatal á municipal.

A área de Cultura da Xunta de Galicia avanza cara á desprofesionalización, nomeando discrecionalmente en comisións de servizo, a persoas dos corpos xerais, alleas á profesión e descoñecedoras dos seus métodos e técnicas o que incidirá negativamente no desenvolvemento, adaptación aos novos métodos ou acceso aos últimos avances dos servizos bibliotecarios ao ser privados dunha dirección cualificada elixida pola súa capacitación.

Non sabemos a que se debe ou como se xustifica este nomeamento discrecional, pero pon de manifesto a pouca estima que a Xunta de Galicia mostra sobre os servizos que prestan as bibliotecas á sociedade. Desde BAMAD-Galicia cuestionamos a decisión tomada e, en vésperas do 8 de marzo, subliñamos que á falta de consideración polo colectivo profesional súmase a grave discriminación que supón privar de carreira profesional a un colectivo moi feminizado no que o 83% das traballadoras son mulleres. De non ser así, tomaríanse as mesmas medidas?

Na Coruña, 5 de marzo de 2021

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.