A Deputación da Coruña organiza, dentro do seu programa A Cultura é un Dereito, as Xornadas de Arquivos e Bibliotecas públicas de Galicia: dun presente imperfecto a un futuro transformador. Para a realización destas Xornadas contou coa colaboración de Bamad Galicia, onde ademais algúns dos seus membros van participar como ponentes.
A Xornada é gratuíta pero require inscrición previa a través desta ligazón: https://aculturaeundereito.gal/Inicio.php onde figura o programa, horarios e ponentes xunto coa inscrición ao mesmo. A Xornada decorrerá entre a tarde do venres 19 e a mañá do sábado 20 de febreiro, cunha duración de 6h., na que se poderá participar virtualmente a través da plataforma zoom. A ligazón para a participación enviarase ás persoas incritas nas Xornadas.
Presentación:
As xornadas preséntanse como un foro para reflexionar sobre a situación das bibliotecas e Arquivos públicos de Galicia, sobre o labor que desenvolven, os medios cos que contan, os fins que pretenden cumprir; sobre como están inseridos na súa comunidade ou sobre como os percibe o país.
Analizar cales son os retos que deberán encarar un futuro próximo arquivistas e bibliotecarias e bibliotecarios será imprescindible para dar resposta ás necesidades da sociedade á que dan servizo.
E finalmente presentar unhas propostas que dean resposta aos retos que arquivos e bibliotecas enfrontarán na próxima década: medios necesarios, mundo dixital, novos enfoques, igualdade, diversidade, adaptación ao territorio, etc. será o punto final desta xornada que pretende ser un punto de encontro no que pensar e debater, a partir dos relatorios presentados por profesionais, que permita avanzar cara a un mellor desenvolvemento dos arquivos e as bibliotecas de Galicia.
Programa:
VENRES 19
17:00 h. Presentación das Xornadas
17:10 h. Presentación da mesa
Situación actual dos servizos, lexislación actual e grao de cumprimento, novos marcos.
- Arquivos: María Díaz Bernárdez. Arquivo Histórico Provincial de Lugo
- Bibliotecas: Eugenio Gómez Barreiro. Biblioteca Pública Miguel González Garcés (A Coruña)
18:30 h.
- Presentación do Arquivo da Deputación da Coruña: Mutacións arquivísticas: da aspiración á inspiración. Carmen Molina Taboada. Arquivo da Deputación da Coruña
Até as 19:30 h. Inclúe debate e despedida
SÁBADO 20
10:00 h. Presentación da mesa
Profesionais: novos retos:
- Arquivos: Rosa Martín Rey. Xerencia Territorial do Catastro de Lugo.
- Bibliotecas: Alicia Sellés Carot. Presidenta de FESABID.
Até as 11:30 h.
11:45 h Presentación da mesa
Propostas imprescindibles para unha década 2021-2030
- Arquivos: Olimpia López Rodríguez. Arquivo Xeral Territorial de Lugo.
- Bibliotecas: Xoán Manuel Pérez Lijó. Biblioteca Municipal de Ames.
Até as 13:15 h.
13:20 h. Clausura
Xa están disponíbeis os vídeos das Xornadas premendo nesta ligazón.
Categorías:Arquivos, Bibliotecas, Formación outras entidades
Bós días.
Hai maneira de acceder ás comunicacións das Xornadas de Arquivos e Bibliotecas públicas de Galicia: dun presente imperfecto a un futuro transformador?
Moitas grazas.
Bo día Lara: vanse publicar os videos e as presentacións na web da Deputación. visaremos polas redes sociais e ás persoas inscritas tan pronto como se faga. Grazas
Moitas grazas!