Orzamentos 2020 para Bibliotecas da Xunta de Galicia


BAMAD Galicia ante os orzamentos da Xunta de Galicia para Bibliotecas 2020

O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2020 sobe, con respecto ao 2019, en 40.000€

Cremos que son uns orzamentos moi conservadores que non contribúen á mellora dos servizos de bibliotecas públicas

 

No ano 2020 as bibliotecas públicas de Galicia contarán case co mesmo orzamento que no ano 2019, e seguen cunhas dotacións que aínda non recuperaron as cantidades anteriores á crise (perto de 3,5 millóns de euros em 2012). Nun contexto de “recuperación”, no que a maioría das partidas orzamentarias da Xunta de Galicia se incrementan, as bibliotecas apenas notan melloría con respecto aos do ano anterior.

Os datos poden visualizarse nas gráficas máis abaixo nas que comparamos os anos 2019 e 2020. Queremos sinalar algunhas cuestións que nos parecen preocupantes, por encima das cantidades sinaladas e que vimos demandando desde hai anos desde a nosa Asociación e que reiteremos a continuación:

1) A necesidade de desenvolver a Lei de Bibliotecas fomentando a cooperación entre as distintas administracións: Concellos, Deputacións e Xunta, o que debería permitir dotar de mellores servizos, instalacións, equipamento e persoal ás bibliotecas municipais.

2) Moitos servizos de bibliotecas municipais encóntranse en pleno cambio de sistema de xestión bibliotecaria o que obriga a realizar grandes esforzos de persoal, véndose na obriga moitos servizos de contratar servizos externos de persoal e/ou de xestión para poder facer frente ao cambio. Este proceso debería ser apoiado polo Servizo de Bibliotecas da Xunta que, debido principalmente, á escaseza de persoal do servizo, non pode facer frente ao labor de formación e asesoramento do cambio que sería preciso.

3) Increméntase a partida de Actividades de animación á lectura nas bibliotecas da Xunta o que é de agradecer. Cremos que é unha das apostas firmes que a Xunta debe fomentar e apoiar, pero non se debe orientar só ás bibliotecas da propia administración autonómica e deberían incrementarse tamén as partidas dirixidas ao fomento da lectura nos Concellos que quedan conxeladas con respecto ao ano anterior.

4) Todas as partidas orientadas ao apoio a concellos: investimentos, adquisicións e dinamización manteñen as mesmas partidas que em 2019. Seguimos crendo que o fomento do uso da biblioteca e da lectura é imprescindible para crear sociedades democraticamente maduras polo que non entendemos que non mellore o orzamento para a realización de actividades culturais e de animación á lectura nas bibliotecas municipais.

5) A partida de 110.000€ que aparece desde 2019, para o apoio a bibliotecas itinerantes nos concellos, é interesante e importante que se utilice. En 2019 non se realizou ningún servizo de bibliotecas itinerantes o que consideramos un erro xa que era un bo momento de apostar por levar novos servizos a aqueles lugares que por dispersión ou pouca poboación non podem acceder a servizos bibliotecarios e que existen, con éxito, noutros lugares.

 

Os profesionais das bibliotecas reclamamos mellores partidas para as bibliotecas e o desenvolvemento integral de políticas de fomento do libro e da lectura coa participación de todo o sector: as diversas administracións, empresas e o persoal profesional.

 

A Xunta Directiva de Bamad Galicia

A Coruña, 28 de Outubro de 2019

 

Cadro comparativo e gráficos de Bibliotecas 2019-2020

 

2020

2019

Bolsas formación (4800)

216940

216940

Equipamento da rede (mobiliario) (6251)

90000

90000

Lotes fundacionais (6281)

495000

495000

Edición libro galego (lotes fundacionais) (6282)

171060

171060

Obras e reparacións na rede de bibliotecas de Galicia (6322)

60000

60000

Promoción da lectura e do libro (6402)

185000

185000

Actividades culturais e animación á lectura e bibliotecas (6405)

138000

98000

Formación (6400)

10500

10500

Sistema Bibliotecario e Formación bibliotecaria (6401)

335000

335000

Axudas a entes locais para investimentos en bibliotecas (7601)

350000

350000

Subvencións para adquisicións de novidades editoriais en galego (7602)

200000

200000

Axudas dinamización bibliotecas municipais (7603)

198000

198000

Axuda a concellos para bibliotecas itinerantes (64007)

110000

110000

Total

2.559.500

2.519.500

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.