O vindeiro día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, unha iniciativa que dende 1997 promove a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil
O obxectivo é poñer en valor o papel das bibliotecas e a importancia de contar con unhos servizos bibliotecarios de calidade, accesibles para todo tipo de públicos e en calquera etapa da vida. A partir de este ano incorpórase o lema ‘Aptas para todos os públicos’, que estará presente en toda as actividades que se poñan en marcha.
O pregón deste ano é da escritora Gemma Pascual i Escrivà, e o cartel do ilustrador Miguel Calatayud.
- Pregón, cartel e programa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Xuvenil: https://www.amigosdellibro.com/DiaBiblioteca19
- Cartel da Consellería de Cultura e Turismo
- Cartel e logo da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través de la Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura
Nas bibliotecas galegas celébrase esta efeméride con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):
Utilizaremos #DíadaBiblioteca para difundir as actividades.
O Día das Bibliotecas en Galicia

A Coruña. Biblioteca González Garcés
- 24 de outubro, encontro literario “Palabras máxicas”: obradoiro de escritura creativa de Chus Molina Raspal (textos relacionados co mundo bibliotecario, relatos curtos), ás 18:30 h.
- 26 de outubro, “O ratiño presumido” con Trinke Trinke para nenos 3-6 anos, ás 12:00 h.
Programa completo do mes de outubro
A Coruña. Biblioteca Deputación Provincial
- 24 de outubro,
- Visita guiada á biblioteca, ás 11:30 h.
- Sesión de información dixital “Ebibliodacoruna club”, 10:30-11:15 h. na sala Manuel López
- A Biblioteca sae á rúa, á 13:00 h. diante da biblioteca.
- Conferencia “A transición enerxética en España” por Francisco Aréchaga, ás 19:30 h. na sala Manuel López.
- Obradoiro de sombras, 18:00-20:00 h.
- 28 de outubro, presentación do libro “Un día de septiembre y algunos de octubre” de Jordi Serra i Fabra, ás 17:00 h.
- Do 24-31 de outubro, premios aos superlectores/as
- Exposición “Bibliotecas dixitais” no vestíbulo da biblioteca durante outubro e novembro
Bóveda. Axencia de Lectura Municipal
- 24 de outubro, contacontos con Sergio Rivas Ínsua, para todos os públicos, ás 11h.
- 24 de outubro, Iria Mejuto, un paseo entre liñas pola música negra “Soul e Literatura“, mocidade e adultos, 20h.
- 25 de outubro, obradoiro de danza tradicional con Nerea Consuelo de Xandobela, A bailar cando os tempos, mocidade e adultos, 20h.
Celanova. Biblioteca Municipal
- 24 de outubro, O Titiribaile / con Musicarte, para nenos de 2 a 11 anos, ás 18:00 h.
A Guarda. Biblioteca Municipal
- 18 de outubro, Contacontos ilustrados mulleres galegas, ás 18 h.
- 21 de outubro, Unha árbore ven a vernos, ás 18 h.
- 24 de outubro, Bibliotecas para mudar o cambio climático, ás 18 h.
- 26 de outubro, Obradoiro de creación teatros de papel, ás 11:30 h.
Meis. Biblioteca Municipal
- 23 de outubro, Cores, contos e Rock´n Roll con Pakolas destinado a nenos de 3-10 anos, ás 18:30h.
- 24 de outubro, Contos de outrora para xente de agora con Avelino González destinado a adultos, ás 11:00h.
- 25 de outubro, Contos de sempre para xente de agora con Fátima Fernández destinado a adultos, ás 17:00h.
Oleiros. Bibliotecas Públicas municipais
- Biblioteca Central Rialeda:
- Abecedario sorpresa: escolla de libros e películas imprevistas
- 24 de outubro, Obradoiro co Faiado de Nin de deseño de mochilas para lectores e lectoras, maiores de 6 anos, 18.30h.
- Biblioteca Rosalía de Castro, Santa Cruz:
- Deixando pegadas: deixa a túa marca con pintura de mans na biblioteca.
- 23 de outubro: Contos da nai selva con Paula Carballeira, maiores de 4 anos, 18.30h.
- Biblioteca María José Trincado, Mera:
- Do 21 ao 25 de outubro: obradoiro de decoración de marcapáxinas, público infantil
- Biblioteca Xograr Mendiño, Lorbé:
- 24 de outubro: obradoiro de decoración de marcapáxinas, público infantil
- Mostra bibliográfica para tod@s, coa temática os libros e as bibliotecas.
- Biblioteca Manuel María, Oleiros:
- Segunda quincena de outubro: Obradoiro de debuxo e pintura para nenas e nenos con temas alusivos aos libros e ás bibliotecas.
- Biblioteca Ánxel Fole, Nós:
- A vida da biblioteca: centro de interese sobre os libros e a biblioteca
- Biblioteca María José Ruso, Dorneda:
- Exposición Os libros protagonistas
- Canto dabes sobre as bibliotecas? pasatempos sobre as bibliotecas dirixidas ao público infantil
Poio. Biblioteca Municipal.
- 24 de outubro, Bookcroussing: a bibliotecaria explicará en qué consiste para despois realizala actividade, ás 17:30h.
Pontevedra. Biblioteca Pública
- 25 de outubro, Os contos das cesta de caperuchiña: a partir de 3 anos impartido por Bea Campos, ás 18:00 h.
- VI Certame de relato curto. Presentacións ata o 25 de outubro , destinatarios persoas a partir de 16 anos.
Ribadavia. Museo Etnolóxico
- 24 de outubro, ás 20.00h // sábado 26 de outubro, ás 12:00h. Visita guiada á Biblioteca do Museo: “Descubrindo documentos singulares” desde almanaques, a álbums de cromos, minicontos, comedias soltas do S. XVIII, catálogos de tendas, revistas de moda do S. XIX, folletos… que información nos achegan?
- 24 de outubro,
- Reunión de clubs de lectura de bibliotecas escolares no Museo Etnolóxico con concurso de contada, en colaboración coa Noite Meiga da asociación Ribadavia Activa-T.
- Actuación de Brais das Hortas co espectáculo: “Contos de defuntos e outros asuntos”. (Actividade para os clubs de lectura participantes).
- 25 de outubro. Presentación do libro “Xornada sobre Bibliotecas Especializadas (actas 2010, 2013, 2016)” que reúne todas as intervencións que se fixeron nas tres edicións desta xornada, ás 18:00h.
Santiago de Compostela. Biblioteca Ánxel Casal
- 11, 18 e 25 de outubro, Obradoiro de iniciación á maxia “Biblioteca máxica” con David Méndez; o 26 de outubro, gala final do obradoiro de maxia no salon de actos ata completar aforo.
- 19 de outubro, Contacontos “Un día, na biblioteca” a cargo de Ángeles Goás e destinado a nenos a partir de 4 anos, ás 12.00h no salón de actos ata completar aforo.
- 24 de outubro,
- visitar guiada extraordinaria, ás 12 h.
- Entrega de lotes de libros ás “superlectoras” e “superlectores” infantís e adultos.
- Espectáculo familiar “Fantasía musical” a cargo de María Faltri e Jorge Juncal para nenos 3-8 anos, ás 18.30h no saón de actos ata completar aforo.
O Saviñao. Biblioteca Municipal
- 24 de outubro,
- 10:00-14:00 Visitas guiadas con grupos escolares
- 14:00-17:00 Minivisitas guiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
- 17:00-18:00 Conta – obradoiro artístico con tapóns e palliñas(a partir de 5 anos)
- 18:00-18:30 Merenda infantil
- 18:30-19:30 Obradoiro – competición de buxainas (a partir de 6 anos)
- 19:30-20:30 Xogo Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez (programa Ler conta moito) (a partir de 6 anos e público adulto acompañante)
- 20:30-21:30 Obradoiro de carteira/porta-retratos (a partir de 8 anos)
- 21:30-22:00 Cea infantil
- 22:00-22:50 Contacontos Bolboretas con Soledad Felloza (programa Ler conta moito)(público infantil, xuvenil e adulto)
- 22:50-23:50 Obradoiro de debuxo con círculos (público a partir de 10 anos, xuvenil e adulto)
- 23:50-00:00 Xogos/Karaoke – Festa de despedida
Sober. Biblioteca Municipal.
Colectivo Lemos Le.
Verín. Biblioteca Municipal
- 25 de outubro, Contacontos e manualidades con materiais reciclados para nenos de 3-9 anos, de 18:00 h. ás 19:30 h.
Vigo. Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
- 23 de setembro ao 4 de novembro no recibidor da biblioteca, Bibliotecas: núcleos de transformación. Explicación do papel das biblitecas nos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da AXenda 2030 das Nacións Unidas.
- 23 de setembro ao 4 de novembro no recibidor da biblioteca, Pregoeiras e pregoeiros do Día da Biblioteca. Exposición cos carteis, pregóns e obras das distintas autoras e autores do Día da Biblioteca.
- 24 de outubro, xornada de portas abertas: visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h.
Vigo. Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas
- 24 de outubro, Consultorio na biblioteca, durante todo o día haberá un consultorio na biblioteca, onde se tratará ao público usuario as súas doenzas literarias.
- Exposcións de carteis cos beneficios da lectura.
Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura