BAMAD Galicia ante os orzamentos da Xunta de Galicia para Arquivos 2020
O proxecto de Lei de orzamentos da Xunta de Galicia do ano 2020 aumenta a partida dedicada a Arquivos respecto ao ano anterior en 48.750€.
Os orzamentos son continuistas do ano 2019 incrementándose só en dúas das partidas.
No ano 2020 seguimos no camiño da recuperación das partidas dedicadas aos arquivos despois duns anos especialmente difíciles.
1) Celebramos os aumentos dalgunhas dotacións pero é necesario que sigan a aumentar para paliar as múltiples deficiencias de infraestruturas e de persoal dos arquivos dependentes e xestionados pola Xunta de Galicia porque aínda son moi insuficientes para dar resposta a todas as necesidades acumuladas en anos de rebaixas orzamentarias.
2) O maior incremento é na partida de Actividades de difusión e de promoción de arquivos e patrimonio documental o que valoramos positivamente pero que consideramos mellorables xa que cremos que os arquivos deben visibilizarse máis na sociedade para que a cidadanía poida coñecer e valorar positivamente os servizos prestados por estas institucións.
3) A outra partida que aumenta é a de apoio aos entes locais para investimentos en arquivos. Agradecemos tamén este aumento realizado pola Xunta pero seguimos crendo insuficiente esta partida así como a non existencia de outras que poderían axudar a crear arquivos naqueles concellos nos que non existen e, sobre todo, a apoiar a contratación de persoal para atender estes servizos.
Desde BAMAD Galicia entendemos que é preciso aumentar o esforzo para conseguir unhas infraestruturas dignas para os centros do sistema de arquivos da Xunta de Galicia, a maioría deles sen espazo e sen persoal suficiente para desenvolver as súas funcións.
Esperamos tamén que o 2020 sexa o ano da aprobación dun “Plan xeral de arquivos” que dea resposta ás necesidades: de persoal, de infraestruturas dos arquivos, de ferramentas de traballo ou de formación. Este plan debería elaborarse con perspectiva de xénero e contar cunha memoria económica axeitada para poder garantir os dereitos da cidadanía e cumprir coas obrigas en materia de transparencia, de administración electrónica e de divulgación e conservación do patrimonio documental.
A Xunta Directiva de Bamad Galicia
A Coruña, 28 de Outubro de 2019
Cadro comparativo e gráficos de Arquivos 2019-2020
|
2020 |
2019 |
Bolsas para conservación do Patrimonio documental en arquivos (4801) |
107406 |
107406 |
Maquinaria, instalacións e utensilios de arquivos. Adquisicións (6231) |
17200 |
17200 |
Mobiliario e útiles de arquivos (6252) |
24000 |
24000 |
Proxectos e informes e dirección en materia de arquivos (6283) |
135000 |
135000 |
Adquisicións e restauración do patrimonio documental (6284) |
23336 |
23336 |
Movemento e traslados de fondos documentais (6285) |
0 |
0 |
Publicacións en materia de arquivos (6286) |
10000 |
10000 |
Obras de conservación de arquivos (6321) |
35000 |
35000 |
Actividades difusoras e de promoción de arquivos e patrimonio documental (6404) |
200000 |
161250 |
Axudas a entes locais para investimentos en arquivos (7600) |
110000 |
100000 |
Total |
661.942 |
613.192 |
Categorías:Arquivos, Noticias Bamad