O Grupo de Traballo Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega acaba de publicar o informe Emprego cultural en Galicia, 2019.
No documento indican os datos estatísticos utilizados que dividen en dúas partes segundo as fontes.
1) Encuesta de Población Activa (EPA) do Instituto Nacional de Estadística (INE), no que se ofrecen datos sobre a totalidade de persoas que desenvolven a súa actividade laboral dentro do ámbito cultural, ou ben porque teñen unha ocupación cultural, ou ben porque traballan nunha actividade económica de tipo cultural.
O número de empregados culturais en Galicia sitúase no ano 2018 en 35.000 persoas, 1.400 menos que en 2017, isto é un 3,2% da poboación activa en Galicia.
Nestes datos non se especifica en que sectores, dentro da cultura, se diferencian os traballos realizados, polo que non podemos establecer cantos deses empregos se corresponden co noso sector.
2) Para a segunda análise utilizáronse os datos das Afiliacións á Seguridade Social que ofrece o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social e que explota o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Estas diferenzas mostradas entre os datos da EPA e da Seguridade Social son coñecidas á hora de facer datos estatísticos, pero non resolven a información necesaria para o noso sector. En estudos anteriores, o IGE indicaba que en Galicia en 2011 había 2.657 persoas traballando no sector de arquivos, bibliotecas, museos, e actividades relacionadas, en Galicia. Sen embargo neste estudo, con datos de afiliciación á Seguridade Social, só se recollen 472 persoas traballando en 2018 no noso sector.
- Na nosa interpretación entendemos que existen moitas persoas realizando funcións en arquivos, bibliotecas e museos que non están contratados nas categorías CNO que se inclúen para tirar os datos estatísticos, o que sería unha “confusión” das propias administracións, e das empresas privadas, que contratarían con outras categorías profesionais.
- Segundo o IGE, en 2011 o noso sector representaba o 8,6% do emprego cultural. Se empregamos estes datos, e damos por suposto que o peso é o mesmo, neste momento tería que haber unhas 3.010 persoas traballando en arquivos, bibliotecas e museos. De calquera maneira, sería un número moi superior ás 472 persoas indicadas pola EPA.
- Podemos sinalar tamén a grande feminización do sector, que xa é intuído de maneira práctica no día a día do noso traballo, pero que agora se ve confirmado nas diferenzas entre as demanadas de emprego de mulleres e homes. Máis abaixo pódese observar, nas profesións máis demandadas por mulleres e homes nos sectores culturais, como as mulleres escollen en grande medida as profesións relacionadas co nosos sector, mentres que os homes as demandan en menor número e menos das profesións. (Os datos referidos a homes indican que estas profesións non están entre as máis demandadas).
Evolución do número de afiliacións á Seguridade Social en Galicia nas ramas do ámbito cultural
Total afiliacións |
2014 |
2015 |
2016 |
2017 |
2018 |
91 Actividades de bibliotecas, arquivos, museos e outras actividades culturais |
399 |
406 |
395 |
401 |
472 |
R. Xeral |
338 |
346 |
334 |
340 |
410 |
Autónomos |
60 |
60 |
61 |
61 |
62 |
Demanda e contratación de ocupacións:
Ocupacións máis demandadas no ámbito cultural en 2018 CNO-2011 (8 díxitos)
Ocupacións |
Demandas |
Axudantes de biblioteca e/ou documentación |
778 |
Empregadas/os administrativas/os de arquivos e/ou bibliotecas |
487 |
Bibliotecarias/os |
261 |
Arquivistas |
204 |
Ocupacións máis demandadas por mulleres e homes no ámbito cultural en 2018
Ocupacións |
Demandas Mulleres |
Demandas Homes |
Axudantes de biblioteca e/ou documentación |
614 |
164 |
Empregadas/os administrativas/os de arquivos e/ou bibliotecas |
366 |
121 |
Axudantes de museo |
230 |
X |
Bibliotecarias/os |
195 |
X |
Conservadoras/es de museo e galerías de arte |
146 |
X |
Axudantes de arquivo |
143 |
X |
Arquivistas |
142 |
X |
Categorías:Arquivos, Bibliotecas, Centros de Documentación, Cultura e Patrimonio, Emprego, Noticias Bamad