O Día Internacional dos Arquivos celebramos que:
- Os arquivos son das persoas e para as persoas, son patrimonio da cidadanía, e máis, a cidadanía é a súa propietaria.
- Os arquivos configuran a nosa identidade e a nosa memoria, e nese patrimonio teñen que ter voz e presenza todas as persoas polo que se deben conservar documentos que acheguen todas as miradas, todas as visións: a perspectiva das mulleres, das minorías, dos colectivos racializados.
- Os arquivos son uns dos axentes participantes na gobernanza, nas interaccións e acordos entre gobernantes e gobernados, intermediarios que xeneran oportunidades e buscan solucións aos problemas da cidadanía.
Celebramos tamén que as arquiveiras e arquiveiros desenvolvemos un traballo fundamental para conservar o patrimonio, para conformar a memoria e para a gobernanza dos territorios e, para podelo realizar, reivindicamos:
- máis compañeiras e compañeiros, máis arquivistas, cunhas remuneracións adecuadas ás súas responsabilidades,
- máis arquivos e máis medios e infraestruturas para os que xa existen,
- e por suposto, que as administracións cumpran as leis de arquivos.
Feliz día dos arquivos 2018
Categorías:Arquivos, Noticias Bamad