Carmen Sierra Quiroga


Hoxe, 28 de maio, faleceu na Coruña Carmen Sierra. Como muller emprendedora creou unha das primeiras empresas de bibliotecas en Galicia, e prestou os seus servizos profesionais nas bibliotecas públicas e Universitarias da Coruña

Foi colaboradora na Secretaría Técnica da Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas, Anabad-Galicia, nos anos iniciais da creación da asociación. A súa personalidade e traballo activo levouna a establecer con nós vínculos afectivos.

BAMAD-Galicia, sucesora de Anabad-Galicia dedícalle, neste triste día, a ela e á súa familia unha agarimosa lembranza.

 

Categorías:Noticias Bamad

1 reply

  1. As persoas que tivemos a sorte de traballar nalgún momento con Carmen estamos hoxe estamos moi tristes porque deixounos unha boísima compañeira ademais de excelente profesional. Se hai unha frase para definir a Carmen, esta sería “Carmen era, fundamentalmente, boa persoa”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.