Día Internacional dos Arquivos, #IAD2018: actividades


Día Internacional dos Arquivos 2018

O Día Internacional dos Arquivos é unha data declarada pola ONU coa finalidade de promover a visibilización dos arquivos a nivel internacional e que se celebra anualmente o 9 de xuño.

O ICA/CIA (Consello Internacional de Arquivos) promove esta celebración dedicando cada ano a salientar un aspecto diferente do traballo dos arquivos. En 2018 o tema escollido é, Arquivos: Gobernanza, Memoria e Patrimonio.

O ICA/CIA facilita unha serie de ferramentas para utilizar nese día desde os arquivos e promove rexistrar os eventos no seu web para visibilizar as actividades que se realizan en todo o mundo. Así mesmo anima a utilizar #IAD2018 para visibilizar as actividades dos arquivos nas redes sociais.

David Fricker, presidente do CIA, anima a participar desta data e ademais convida a visitar a exposición virtual que, con motivo da celebración de 70 anos de creación do Consello, estará disponible a partir do 9 de xuño.

 

Actividades nos arquivos galegos: (en construción)

Como en anos anteriores os arquivos galegos realizan actividades abertas á sociedade para visibilizar o seu traballo, os seus profesionais, as súas instalacións e os seus fondos: Xornadas de portas abertas, visitas teatralizadas, mostras e obradoiros para celebrar o Día Internacional dos Arquivos.

 

Arquivo de Galicia:

  • Do 5 ao 15 de xuño: Visitas guiadas ás exposicións en exhibición
  • Venres 8 de xuño:
    • 9:00 h a 14:00 h. Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás instalacións do Arquivo de Galicia e á exposición Santiago. Protección e Transformación
    • 12:00 h. Inauguración da exposición “Arquivos: gobernanza, memoria, patrimonio”, documentos custodiados no Arquivo de Galicia que reflicten diferentes accións de goberno nos ámbitos da educación, o desenvolvemento económico, a saúde pública ou a participación cidadá ao longo do tempo

Inscrición previa, teléfono 881 99 96 63 ou email: arquivogalicia.cultura@xunta.es

 

A Coruña: Arquivo do Reino de Galicia:

  • Martes 5 de xuño: encadernación belga (1ª parte), 17h.
  • Mércores 6 de xuño:
    • obradoiro de paleografía, 16,30h.
    • visita guiada, 18h.
  • Xoves 7 de xuño:
    • encadernación belga (2ª parte), 11h.
    • conferencia e obradoiro de conservación de fotografía a cargo de Luís Pavão, 17h.
  • Desde o venres 8 de xuño: exposición virtual: O urbanismo a través dos arquivos

 

Lugo: Arquivo Histórico Provincial:

  • Difusión de Documentos singulares, centrada nunha escritura de poder para cobrar unha presa capturada nunha campaña de corso.
  • Venres 8 de xuño: Conferencia: Corso, ingleses e pestes na Mariña Cantábrica, impartida polo investigador do Arquivo José María Leal, 19h.

 

Lugo: Arquivo Territorial da Xunta:

  • Venres 8 de xuño: visitas guiadas ás 10 e 12h.

 

Ourense: Arquivo Histórico Provincial:

  • Martes 5 de xuño: Visita guiada ás instalacións e á mostra de documentos da Idade Media medievais e da Idade Moderna
  • Mércores 6 e Xoves 7 de xuño, ás 11h.: visitas teatralizadas para mostrar vínculo do patrimonial documental franciscano co patrimonio inmoble da cidade relacionado coa orde relixiosa (Catedral, Convento de San Francisco)
  • Xoves 7 de xuño, ás 18h.: visita teatralizada sobre a historia das mulleres en Ourense

 

Pontevedra: Arquivo Histórico Provincial:

  • Xoves 7 e venres 8 de xuño. Xornadas de portas abertas: Visitas guiadas e mostra de documentos: 12 h.
  • Venres 8 de xuño. Conferencia e velada musical, 19h.:
    • Conferencia: A testamenteira das irmás Mendoza Babiano, impartida por Ernesto Vázquez-Rey Farto e mostra de documento sobre o tema.
    • Velada musical a cargo da acordeonista Nerea Rodríguez e da cellista Alba Reirís.

Programa completo.

 

Reivindicación no Día Internacinal dos Arquivos

Os arquivos de administración autonómica están chamados a realizar unha acción reivindicativa ante a situacións do persoal convocada pola APTAX (Asociación Profesional de Arquiveir@s da Xunta de Galicia) que se realizará o día 8 ás 12h. diante dos arquivos no que se lerá un manifesto reivindicativo.

 

 

 

 

 

Categorías:Arquivos, Noticias Bamad

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.