Curso edición dixital: Creación de libros electrónicos en formato ePub 2.0 e introdución a outros formatos
Organizan: SIELAE, grupo de investigación Hispania, e o Departamento de Filoloxía Española e Latina da UDC.
As clases serán impartidas por un experto, na Facultade de Filología da Universidade da Coruña, 6-10 de xullo de 2015 (25 horas presenciais).
Destinado a quen desexe aprender a crear libros electrónicos en formatos compatibles con plataformas Windows e Mac OS, plataformas de tablets e móbiles.
ePub é o formato standard de eBook máis aceptado e común no mercado da publicación dixital e usado por gran número de vendedores de libros dixitais.
O curso está dirigido a un amplo público, desde estudantado que desexa adentrarse no coñecemento da edición dixital (da que podería facer a súa profesión) ata profesorado, autores ou libreiros que desexen adquirir autonomía nestas novas formas de difusión e venda de libros a través de plataformas dixitais (como Amazon).
PRAZAS LIMITADAS (30). Prazo solicitude, a partir do 20 de maio ata completar prazas.
Información e programa: www.bidiso.es/sielae/
Categorías:Formación outras entidades, Libros e Leitura