ICOM, o Consello Internacional de Museos, escolle cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, procurando compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade.
En 2015 esta xornada terá como tema: Museos para unha sociedade sustentable.
No presente, a humanidade debe adoptar modos de vida e de desenvolvemento compatibles cos límites da natureza. A transición cara a un tipo de sociedade sustentable pasa pola invención de novos métodos de pensamento e de acción. Promotores do desenvolvemento sustentable e auténticos laboratorios de prácticas exemplares, os museos actuais xogan un papel esencial nesta transición e deben consolidar a súa posición e facer oír a súa voz neste contexto.
O tema Museos para unha sociedad sustentable recoñece o papel dos museos para concienciar o público sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dunha maneira más respeituosa cos sistemas biolóxicos.Aplicando este conceito de sociedade sustentable aos museos, o tema do Día Internacional dos Museos pretende fomentar na sociedad unha maior concienciación sobre as repercusións actuais da acción do ser humano no planeta e das necesidades imperativas de cambiar o modelo económico e social.
O evento pode seguirse nas redes sociais coa etiqueta #DIM2015 e nas redes de ICOM:
Actividades no estado:
Os Museos estatais celebran a Noite e o Día a través dunha ampla programación de actividades coas que convidan a cidadanía a redescobrer as súas coleccións. Entrada gratuíta, prolongación de horario, apertura nocturna, concertos, obradoiros, visitas guiadas, dramatizacións teatrais…
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
- Luns 18 de maio, 21:00 h Día dos Museos. 2uS en concerto
- Martes 19 de maio, 12:00 h Día dos Museos. Presentación dunha exposición
- Do 19 ao 22 de maio Día dos Museos. Visitas guiadas ao edificio da praza Maior
- Mércores 20 de maio, 12:00 e 20:00 h. Día dos Museos. Presentación da peza do mes e visita guiada
Museo das Peregrinacións e de Santiago
- Do 19 ao 22 de maio Día dos Museos. Había unha vez… Santiago de Compostela
- Do 19 ao 22 de maio Día dos Museos. Xornadas de portas abertas
- Do 19 ao 22 de maio Día dos Museos. Quen habita as rúas de Santiago?
Museo Massó (Bueu)
- Venres 15 de maio, 20:30 h. Día dos Museos. Presentación de “O mundo antigo no Museo Massó e a romanización de Bueu”
- Venres 29 de maio, 20:30 h. Día dos Museos. Conferencia sobre a ánfora de San Martiño de Bueu
Mupega: Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago)
- Do luns 18 ao sábado 23 de maio Día dos Museos. Visitas guiadas
- Luns 18 de maio, 10:00 h. Día dos Museos. Xornada de portas abertas
Museo Etnolóxico de Ribadavia
- Do 18 ao 31 de maio Día dos Museos. Obradoiros de fotografía para escolares
Museo de Belas Artes da Coruña
- Venres 15 de maio, 20:30 h. Día dos Museos. Concerto de Xoel López
- Sábado 16 de maio, 20:30 h. Día dos Museos. Concerto de Roberto Somoza Trío
- Sábado 16 e domingo 17 de maio Día dos Museos. Visitas guiadas
Museo do Castro de Viladonga (Castro de Rei)
- Sábado 16 de maio, todo o día O Día e a Noite dos Museos no Museo do Castro de Viladonga
- Luns 18 de maio, 11:30 h. Día dos Museos. Actuación de Cal y Canto Teatro
Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (Pontevedra)
- Luns 18 de maio, todo o día: Xornada de portas abertas, Visitas escolares, Exposición: conservar e restaurar?, interpretación histórica de Pontevedra… Programa
Santiago de Compostela: Folleto das actividades
- Folleto das actividades nos museos da cidade do 18 ao 23 de maio
Categorías:Museos