Celebración do Día Internacional dos Arquivos 2015. Promociona o teu arquivo!
O día 9 de xuño os arquivistas de todo o mundo celebramos a importancia da nosa profesión. Ese día de 1948 foi creado o Consello Internacional de Arquivos (ICA/CIA) promovido pola Unesco. En 2007 o CIA decide adicar esa data a comemorar e visibilizar os arquivos e a profesión.
As actividades oficiais ao redor desta data poden seguirse nas redes sociais promovidas polo propio Consello Internacional de Arquivos:
España:
Actividades nos Arquivos estatais
Galicia:
Algunhas actividades nos arquivos galegos o día 9 de xuño (en construción):
ARQUIVO MUNICIPAL DE FERROL
Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás instalacións de 9 a 14h.: Teléfono 981 94 41 85 e correo electrónico arquivo@ferrol.es
ARQUIVO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA
No local de Froebel (praza de Concepción Arenal) ás 11,30h., xornada de portas abertas e inauguración da exposición “Que podes atopar nun arquivo municipal?”, realizada cos fondos do Arquivo municipal de Pontevedra.
ARQUIVO XERAL TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO
Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás 10 e 12h. dirixidas aos empregados públicos posibles usuarios do centro. Inscrición no teléfono: 982 29 42 40
ARQUIVO XERAL TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA
Xornada de portas abertas con visitas guiadas dirixidas aos empregados públicos como usuarios deste centro. Horario de 10:00 a 12:00h. Inscrición no teléfono 886 20 66 17, email: arquivo.cultura.pontevedra@xunta.es
ARQUIVO DO REINO DE GALICIA
- Luns 8 de xuño: presentación da publicación sobre a Causa contra Manuel Blanco Romasanta, o home-lobo. Obradoiro de papel: acrílicos, impartido por Águeda Guardia. Obradoiro de encadernación: elaboración de polípticos en acordeón, impartido por M. del Carmen Villalba Caramés
- Martes 9 de xuño: Obradoiro de encadernación: elaboración de polípticos en acordeón. Obradoiro de papel: acrílicos. Obradoiro de documentos e arquivos: os arquivos familiares e persoais, impartido por Gabriel Quiroga Barro.
- Os dous días: visitas guiadas ás instalacións do Arquivo e á mostra documental dunha selección de documentos conservados no centro.
Inscricións: Solicitudes dirixidas ao correo do Arquivo do Reino de Galicia
arq.reino.galicia@xunta.es, fax: 981 22 70 94
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO
- Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás instalacións do arquivo. Durante todo o día, previa inscrición.
- Visitas guiadas á exposición Pontes, pontigos e pasares. Escolma de fotografías dos fondos do Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Inscrición previa.
- Divulgación na páxina web do arquivo dunha nova achega da serie Documentos singulares. Neste caso trátase do Esbozo do igrexario de Santa María de Carballido do que se fará tamén unha edición en papel.
Inscricións no teléfono 982 22 79 56 ou no correo: ahp.lugo.información@xunta.es
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE
- Día 9 de xuño:
– 12:30h visita guiada ás instalacións do arquivo. Inscrición previa. Máximo 20 persoas. Unha parte da visita dedicarase a comentar a exposición centrada este ano na herdanza documental da orde franciscana conservada no arquivo.
– 19:30h Inauguración da Exposición O legado de Asís: franciscanos e clarisas en Ourense. Ata o 9 de outubro.
- Día 11 de xuño:
– 18:30 h. Visita guiada á exposición e ás dependencias do arquivo. Inscrición previa. Máximo 20 persoas.
Información e reservas: 988 22 34 93, correo electrónico: arq.prov.ourense@xunta.es
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
- Do 9 ao 12 de xuño:
– 12:00 h a 17:00 h, agás o venres ás 12h: Xornada de portas abertas con visitas guiadas ás instalacións do arquivo e á mostra “Documentación sobre a industria da pesca, salgado e conserveira” escolma de documentos que sobre o tema se custodian no Arquivo. Sala dos Masóns. Inscrición previa. Máximo 20 persoas.
Día 12 de xuño:
– 19:00 h. Conferencia sobre A industria conserveira galega: historia dun éxito industrial, por Xoán Carmona Badía, catedrático de Institucións Económicas na Facultade de Económicas da
USC.
– 20:00 h. Velada musical a cargo do violonchelista Luis Enrique Caballero Varona.
Información e reservas: 986 85 21 18, correo electrónico: arq.historico.pontevedra@xunta.es
ARQUIVO CENTRAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA
Xornada de portas abertas con visitas guiadas tanto aos usuarios e usuarias do arquivo como á cidadanía en xeral en horario de 10 a 12 h. Información e reservas: 981 95 75 73, correo electrónico: arquivo.cultura.sc@xunta.es
ARQUIVO DE GALICIA
- Día 9 de xuño:
9:00 h a 14:00 h. Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás instalacións do Arquivo de Galicia. Inscrición previa, teléfono 881 99 96 65 ou email: arquivogalicia.cultura@xunta.es
11:00 h. Inauguración da exposición sobre o primeiro fondo documental privado recibido por doazón no Arquivo de Galicia: Memorias de familia: o fondo Vilariño Pintos no Arquivo de Galicia. Sala de exposicións do Arquivo de Galicia. Entrada libre.
Visitas guiadas: a partir da inauguración da exposición ofreceranse visitas guiadas ata a data de clausura, o 9 de setembro, previa cita a través da páxina web da Fundación da Cidade da Cultura.
- Día 12 de xuño:
12:30 h. Conferencia “Os arquivos privados: salvar patrimonio, fomentar a investigacion”, por Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea da USC e presidente do Consello da Cultura Galega, sobre a importancia dos arquivos para o coñecemento do noso pasado. Salón de actos do edificio da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Entrada libre ata completar capacidade.
Categorías:Arquivos
1 reply ›