Olga Gallego na vangarda (1923-2023): novos retos para os arquivos


Os días 23 e 24 de novembro a Fundación Olga Gallego celebrará no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela as súas V Xornadas baixo o lema “Olga Gallego na vangarda (1923-2023): novos retos para os arquivos”.

O centenario do nacemento da arquiveira, historiadora e escritora ourensá Olga Gallego, presidenta da nosa asociación entre 1994 e 1995 e coa que sempre estivo fortemente vencellada, motivou que fundación que leva o seu nome artellase a quinta edición das súas tradicionais xornadas ao redor dos novos retos que a sociedade en xeral e os profesionais da arquivística en particular deberemos afrontar nos próximos anos: a Intelixencia Artificial, unha nova conceptualización dos arquivos que os abra a toda a sociedade para facelos máis inclusivos, os arquivos e as mulleres ou os arquivos e a memoria democrática. 

Consultade o programa das xornadas e incribídevos canto antes xa que o aforo é limitado. Tedes toda a información dispoñible en www.fundacionolgagallego.gal

Categorías:Sen clasificar

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.