Curso de Biblioterapia no Salón do Libro de Pontevedra e V Congreso de Mediación Lectora


Un ano máis agradecemos ao Salón do Libro de Pontevedra o seu interese en nos ofrecer actividades dentro do Salón dirixidas ao persoal bibliotecario, aínda que abertas á participación de todas as persoas interesadas.

O XXIV Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ten como lema Libros para Xogar! e contará con Colombia como país convidado. Celébrase entre o 21 de Abril e o 7 de Maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Programa do Salón do Libro de Pontevedra 24ª ed, 2023

Entre as actividades do Salón contamos cunha actividade específica dirixida a persoal de bibliotecas e persoas interesadas, o Faladoiro: Remedios literarios: que é a biblioterapia? o sábado 22 de Abril às 17h., impartido por Branca Novoneyra e Carlos Martínez Uzal.

Dentro do Salón do Libro organízanse o V Congreso Internacional de Mediación Lectora: Libros (tamén) para Xogar! que se celebrará presencialmente en 3 xoves continuados: os días 20 e 27 de Abril e 4 de Maio.

Faladoiro: Remedios Literarios, que é a biblioterapia?:

Aínda que a actividade está aberta a todas as persoas interesadas está dirixido especificamente ao persoal de bibliotecas e ofrécennos a posibilidade de realizar reserva de prazas para a Asociación e persoal de bibliotecas, estexan ou non asociadas a Bamad Galicia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.