O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca. O lema deste ano é “BiblioTecuida”, e céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos preocúpanse por atender as necesidades dos usuarios. Os cancelos que usaremos serán: #DíaDasBibliotecas #DíaDeLasBibliotecas, #DíaDeLasBibliotecas2022 y #BiblioTEcuida.
O acto principal estatal terá lugar o luns 24 de outubro de 2022 en Logroño. O lugar escollido para este evento conmemorativo é a Biblioteca de La Rioja – Almudena Grandes / Biblioteca Pública del Estado en Logroño. Poderase seguir en directo aquí.
Accións e recursos:
– Deseño dun cartel conmemorativo por parte da ilustradora e autora de banda deseñada galega Xulia Vicente.
– Elaboración dun vídeo relacionado co lema deste ano que se presentará o día 24 de outubro no acto de Logroño.
– Portal web estatal toda a información: Presentación do Día das Bibliotecas 2022- Ministerio de Cultura e Deporte
A Xunta organiza as IV Xornadas de Bibliotecas Públicas de Galicia: A Biblioteca Pública, unha personalidade creativa e a entrega do Premio á Innovación Bibliotecaria 2022

En Galicia as bibliotecas públicas realizan actividades para conmemorar o Día da Biblioteca (en construción):
A Coruña: Biblioteca Provincial da Deputación.
- Luns 24 de outubro:
- Visita guiada á biblioteca Cesar Antonio Molina e Mercedes Monmany, ás 12 h. Para anotarse no tfno 981 080 176 ou no enderezo electrónico biblioteca.info.dacoruna.gal
- Contacontos “En busca dos monstros” ás 18h. para nen@s a partir de 3 anos. Reservas no tfno 981 080 174.
- Taller “Sombreiros de conto” de 18 h. a 20h. pra nen@s entre 7-12 anos. Rservas no tfno 981 080 171
- Durante o día 24 Leva prestado o dobre ! en tódalas seccións da biblioteca.
- Xoves 27 de outubro: Presentación de “La saga Berea en la ciudad herculina” de Nilo Jesús García Armas, acompañado do deputado de cultura.
- Do 24 ao 29 de outubo: para as novas persoas socias da EBiblioDaCoruna regalamos unha bolsa reutilizable da Biblioteca da Deputación.
Celanova: Biblioteca Municipal
- 23 de outubro: espectáculo do pallaso Peter Punk “Peor imposible “, ás 18 h. , para toda a familia no Audiotorio Municipal Ildura de Celanova.

Redondela: Biblioteca Municipal Xela Arias
Máis información: http://redondela.gal/es/bibliotecas

Santiago: Biblioteca Pública Ánxel Casal
- Durante todo o mes: Mostra bibliográfica de obras de Camilo José Cela no 2º andar da biblioteca.
- Mércores 19 de outubro: Homenaxe a Camilo José Cela no 20 aniversario do seu pasamento co espectáculo “O inventor de palabras: diálogo en tres actos”, ás 19.30h no salón de actos, para público adulto ata completar aforo.
- Xoves 20 de outubro: Xincana “detectives de misterios na biblioteca” con ANIAS, ás 18.30h., na sala infantil para nenos de 7 a 12 anos previa retirada da invitación 30 min. antes da actividade.
- Venres 21 de outubro:
- Contacontos para bebés “Contos cos dedos” a cargo de Fátima Fernández as 18 h. no salon de actos para 15 nenos de 0 a 3 anos coa previa retirada a invitación 30 min. antes da actividade.
- Sábado 22 de outubro: Sesión de narración oral “E ti… que che contaban” da man de Vero Rilo ás 12h., para crianzas de 3 a 8 anos.
- Luns 24:
- Xornada de portas abertas con visita guiada extraordinaria aos sitios menos coñecidos da biblioteca ás 12h.
- Entrega de libros aos “superlectores e “superlectoras” infantís e adultos.
- Espectáculo “cambia o conto” a cargo de Música Miúda ás 18.30h. no salon de actos con entrada libre ata completar aforo.
- Debate sobre la Vida verdadera de Adeline Dieudonné, novela finalista do XVI Premio Novela europea Casino de Santiago ás 17h. no salón de actos.
O Saviñao: Biblioteca Municipal
- Martes 18 de outubro: sesión aeronáutica para facer un avión de papel que voe de verdade, ás 18h.
- Xoves 20 de outubro: visita escolar á biblioteca con Dani e Iria.
- venres 21 será a Bibliotecaria estrafalaria a que reciba ós participantes da visita escolar á biblioteca
- luns 24 o Mago Paco fará as delicias da visita escolar á biblioteca ás 11:30h.
Máis infomación:https://bpmsavinao.wordpress.com/2022/10/11/actividades-de-outubro


Oleiros: Bibliotecas Públicas Municipais.
- Biblioteca Central de Rialeda (Perillo):
- Cita a cegas con novelas para curar diversos tipos de doenzas
- 27 de outubro: Contacontos Rato, Canguro a cargo de Trinke Trinke, ás 18.30 h.
- Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz).
- Bibliotecas, sustentos de palabras: exposición de libros escritos por autor@s que foron bibliotecari@s tales como Borges, Stephen King etc.
- 26 de outubro: Contos na lareira a cargo de Iván Davila, ás 18.30h. para nen@s a partir de 6 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Mª José Tricando (Mera)
- O mellor acubrillo, a biblioteca: mostra bibliográfica con libros de ficción para adultos con temáticas referentes a bibliotecas ou ambientadas nelas.
- 21 de outubro: Contacontos fíos de contos a cargo de O Maquinista, ás 18.30h. para nen@s de 2 a 5 anos.
- Exposición fíos de contos: exposición de contos que xiran en torno á imaxinación e a fantasía relacionados co contacontos.
- Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros).
- Mostra bibliográfico Biblio-Cóidate e marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas para colorear @s nen@s.
- 25 de outubro: Contacontos Princesos e principetas a cargo de Raquel Galavís, ás 18.30h. para nen@s de 2 a 5 anos.
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
- Biblioterapia: lecturas infantís e xuvenís para coidar mente e corazón.
- Realizaránse pasatempos relacionados co mundo da biblioteca.
- 24 de outubro: Contacontos Os ratiños da caixa a cargo de Trinke Trinke, ás 18.30h. para nen@s de 2 a 5 anos.
- LibrosLibres: Libros colocados no vestíbulo da biblioteca procedentes de doazóns que se poden levar libremente.
- Biblioteca Ánxel Fole
- Marcapáxinas para colorear, bibliomostra de literatura infantil con obras que falan de bibliotecari@s e encrucillados relacionados co mundo da biblioteca.
- 28 de outubro: Contacontos Contando números, cantando cores a cargo de Pablo Díaz, ás 18.30h. para nen@s do 2 a 5 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Xogar Mendigño (Lorbé)
- Obradoiro de decoración de marcapáxinas e mostra biblográfica para todo tipo de público onde se expoñerán obras onde as bibliotecas son as protagonistas.
- 27 de outubro: Contacontos A memoria das estrelas a cargo de Raquél Galavís, ás 18.30h. para nen@s de 2 a 5 anos.
Vigo: Biblioteca Municipal Neira Vilas
Para festexar o Día das Bibliotecas, iniciamos un proxecto para visibilizar e dar a coñecer o traballo que realizamos xunto a outras entidades. Así durante unha semana teremos unha mostra con diferentes obxectos que as entidades colaboradoras nos deixarán en “depósito” para que dende a biblioteca as unamos ao noso fondo.
Máis información: https://bibliotecaneiravilas.vigo.org/events/a-caixa-das-alianzas-dia-da-biblioteca/
Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel
- Xoves, 20 de outubro: Contacontos “Sssshhh… A durmir!” con Olga Cuervo para nen@s de 0 a 3 anos. Dúas sesión: 17.30 h. e 18.15 h.
- Sábado, 22 de outubro: Contacontos “Un paseo pola casa do maxin” con Cucarandainas para nen@s de 4 anos adiantes, ás 12. h.
- Luns 24 de outubro:
- Xornadas de portas abertas: Visitas guiadas ás 12.30 h. e 18.00 h
- A maxia das bibliotecas con David Méndez de 4 anos en adiante, de 18.30 h. ás 20.00h.
- Exposicións:
- 1-30 de outubro: Palabra de biblioteca: pregóns e carteis do Día das Bibliotecas. Lembramos carteis e discursos do Día das Bibliotecas ao longo dos anos.
- 18 de outubro-2 de novembro: Libros acompañados: unha selección de libros con peluches inspirados nos contos.

Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura