Presentación do libro: Iluminación de exposiciones, de la teoría a la práctica


Mércores 1 de xuño ás 18h.

Actividade gratuíta realizada por Intervento en colaboración con Bamad e o Museo do Pobo Galego.

Presentación do libro: Iluminación de exposiciones, de la teoría a la práctica, con Miguel Ángel Rodríguez Lorite

  • Museo do Pobo Galego
  • Santiago de Compostela
  • Mércores 1 de xuño ás 18h.

Formulario de inscrición: https://forms.gle/ydHYaknjs1JbQ2oRA

ILUMINACIÓN DE EXPOSICIÓNS. DA PRÁCTICA Á TEORÍA

“Iluminación de exposiciones. De la práctica a la teoría” xurde da idea de querer compartir a experiencia profesional acumulada en iluminación expositiva, a través das palabras do socio fundador de Intervento, Miguel Ángel Lorite, e as imaxes que documentan o traballo de máis de 28 anos.

A publicación está chea de referentes, reflexións e experiencias interesantes e útiles para profesionais da museografía e deseño de iluminación. Un ensaio que trata de evitar que a práctica deixe de lado o estudo, a acción a reflexión ou a rutina a curiosidade, sempre desde unha mirada particular sobre o deseño de iluminación, o mundo dos museos en que se inscribe e incluso sobre a vida en xeral. Todo isto sempre desde a perspectiva da sustentabilidade e tendo en conta o proceso de cambio da tecnoloxía na iluminación nos últimos anos. A diferenza esencial cos tratados académicos sobre a materia é que parte da experiencia real, é dicir, do coñecemento e o exercicio do oficio, sen perder de vista os aspectos científicos, os desenvolvementos tecnolóxicos e a metodoloxía que debe presidir o tratamento dos Bens Culturais.

Miguel Ángel Lorite, licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid, especializouse cun postgrao de iluminación na Universidade Politécnica de Catalunya e outro de iluminación arquitectónica na ETSAM. Desenvolveu entre 1986 e 2005 a área de iluminación do Departamento de Conservación Preventiva de Bens Culturais do Instituto do Patrimonio Cultural Español (Ministerio de Cultura). En xaneiro de 2006 asumiu a dirección da empresa Intervento, fundada en 1993 e dedicada á museografía e á iluminación. En máis 28 años de traxectoria realizou numerosos proxectos de iluminación, sempre relacionados co Patrimonio Histórico, os museos e a arquitectura singular.

RESEÑA DE “ILUMINACIÓN DE EXPOSICIONES. DE LA PRÁCTICA A LA TEORÍA”

Son poucas as publicacións sobre iluminación de museos en castellano con vocación de ir alén do que pode encaixar nas revistas especializadas de iluminación ou museografía. No ámbito internacional, no que vai de milenio, tivemos o pracer de contar coa obra de Christopher Cuttle e a máis recente de David Saunders, talvez a máis ambiciosas en décadas no tratamento da iluminación de obras de arte. Non é a intención deste traballo ofrecer un enfoque académico sobre o asunto, senón unha perspectiva máis heterodoxa salientando determinadas cuestións relevantes que en moitas ocasións son tratadas desde posicións ambiguas por outros autores. O percorrido profesional do autor, formado inicialmente no ámbito da conservación preventiva, despois no deseño e a práctica da iluminación e por último como director de unha empresa referente en iluminación do Patrimonio permítelle ter unha perspectiva máis integradora das diferentes miradas que se dan cita nesta disciplina museográfica. A diferenza esencial cos tratados académicos é que parte da experiencia real, é dicir, do coñecemento e o exercicio do oficio, sen perder de vista os aspectos científicos, os desenvolvementos tecnolóxicos e a metodoloxía que debe presidir o tratamento dos Bens Culturais. O libro artéllase en dúas partes, a primeira fala da práctica da iluminación en museos, cuxa intención é dar consellos útiles a profesionais relacionados coa conservación, o deseño museográfico ou a xestión de museos e a segunda céntrase nunha serie de aspectos teóricos de especial relevancia na actualidade grazas á aparición en escena das fontes de iluminación en estado sólido. Esta última parte está dirixida a quen a primeira parte lles estimulase suficientemente a curiosidade como para seguir lendo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.