Bamad Galicia presenta un programa de webinarios que durante este ano nos traerá encontros con profesionais e experiencias de levar actividades e servizos á cidadanía nos momentos de confinamento. Manter servizos pechados ou con restricións obrigaron a que desde as institucións da memoria tivésemos que desenvolver novos proxectos para achegar os servizos á cidadanía.
Os webinarios propoñen encontros con servizos que levaron a cabo propostas novas desde as Bibliotecas, os Museos e os Arquivos.
Está previsto contarmos con webinarios nos meses de Abril, Setembro e Novembro e aproveitamos para presentar os que terán lugar no mes de Abril:
Martes 6 de Abril. Bibliotecas a domicilio: como levar a biblioteca e as súas actividades aos domicilios das persoas usuarias. Contaremos como relatores con:
- Juan Sobrino García: Biblioteca de Sotol del Real: Proxectos sociais de animación á lectura e a súa adaptación á pandemia.
- María Elena Becerra García e María José Villar Fernandez: Bibliotecas de Redondela
Martes 13 de Abril. Abrindo espazos: os museos desde a casa. Contaremos como relatores con:
- Ana Vasco Castillo: Museo de Belas Artes da Coruña: Distancia social, inclusión e novas tecnoloxías. Un museo en movemento e identidades.
- Manuel Mosquera Cobián: Museo de Belas Artes da Coruña: Iniciativas a remoto no Museo de Belas Artes da Coruña, Belas artes na casa e Correspondencias.
Mércores 21 de Abril. Os Arquivos ante o reto do confinamento. Contaremos como relatores con:
- Gabriel Quiroga Barros: Arquivo do Reino de Galicia
- Marta Munuera: Arxiu Municipal de Terrassa
Todas as actividades se realizarán mediante a plataforma Zoom en horario de 17 a 18.30h.
Prazo de inscrición: do 24 de marzo ao 5 de abril neste formulario.
O prezo é gratuíto para persoas socias e ten un custe de 10€ para o conxunto dos webinarios para persoas non socias que deberán facer ingreso na conta: ES19 1491 0001 2920 2372 4921 indicando nome + apelidos + webinar


Categorías:Actividades Bamad, Arquivos, Bibliotecas, Formación Bamad, Museos