Convenio de Colaboración entre Bamad e a Associació d’Arxivers i Gestors de Documents Valencians


Bamad Galicia e a Associació d’Arxivers i Gestors de Documents Valencians asinamos un convenio de colaboración coa finalidade de:

  • Promover diferentes actividades e ampliar a colaboración profesional cos seus respectivos asociados.
  • Ofrecer os mesmos beneficios, promocións e tarifas ás persoas asociadas de ambas as dúas entidades.
  • Colaborar na organización conxunta de cursos, xornadas e congresos.
  • Difundir mutuamente as actividades das dúas entidades.

Desta maneira buscamos establecer relacións entre as diferentes entidades de arquivos do estado e beneficiar a base asociativa das dúas asociacións.

O documento foi asinado polas polas presidentas das dúas entidades o pasado 26 de maio, data a partir da cal entra en vigor esta relación.

Nos seguinte meses iremos pechando acordos similares con outras entidades de arquivos de maneira que ampliemos colaboración e servizos entre todas.

Na actualidade Bamad Galicia forma parte de:

E colaboramos con:

Categorías:Arquivos, Noticias Bamad

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.