II Congreso Internacional de Mediación Lectora:
Revolución lectora! 27-30 marzo 2019. Pazo da Cultura de Pontevedra
Por segundo ano realízase este Congreso dentro do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrará entre o 22 de marzo e o 12 de abril. O lema escollido este ano é a Revolución e contará coa Lusofonía como cultura convidada a participar do Salón.
Dentro do Salón realízase o II Congreso Internacional de Mediación Lectora que, seguindo a temática do congreso, escolleu como lema a Revolución Lectora. Entre os días 27 e 30 de marzo contará cun amplo programa de actividades e de participantes de países da lusofonía: Galiza, Portugal. Angola e Brasil.
Temos que agradecer ao Salón que de novo ofreza unha actividade específica de formación para persoal de bibliotecas ou persoas interesadas na animación á lectura, que se levou a cabo durante estes anos grazas ao traballo da compañeira María José Villar da biblioteca de Chapela-Redondela, quen foi a promotora desta actividade. Este ano a proposta é dunha formación sobre a lectura en dixital impartida por Benita Prieto, o sábado 30 de marzo de 16.30 a 18.30h.