O Día Internacional da Muller conmemora a loita das mulleres pola súa participación en igualdade na sociedade. Segundo a ONU o 8 de marzo de 2018 é o momento para reflexionar sobre os avances logrados, pedir máis cambios e celebrar a valentía e a determinación das mulleres de a pé que xogaron un papel clave na historia do seus países e comunidades.
Por iso desde BAMAD-Galicia celebramos neste día a determinación de arquiveiras e bibliotecarias que están a traballar ou a intentan traballar, as de agora e as de antes; pero tamén neste día reivindicamos: precisamos cambios.
Reivindicamos porque sabemos que as condicións laborais dos sectores tradicionalmente femininos e masculinos son moi distintas; sabemos que os sectores ocupados por varóns gozan dun maior recoñecemento, maior prestixio social e maiores salarios, e por iso hoxe é o día de seguir a traballar para que as nosas condicións de traballo sexan máis xustas e equitativas, e así traballaremos:
- para que os nosos traballos teñan o recoñecemento que merecen e que iso se reflicta en remuneracións xustas para todas
- para que non se contraten arquiveiras e bibliotecarias en categorías inferiores ás que lles corresponden
- para que nas administracións as nosas retribucións sexan equivalentes a outros corpos e escalas
Feliz día , celebremos e reivindiquemos
Categorías:Arquivos, Bibliotecas, Noticias Bamad