O 9 de xuño de cada ano celebramos o Día Internacional dos Arquivos. Os profesionais estamos de celebración. É un día especial, organizamos actividades, recibimos máis visitantes, abrimos de par en par as portas e ventás dos nosos centros.
Convidamos á cidadanía a nos coñecer, a facer dos arquivos un centro próximo, que nos axuda, que garante os nosos dereitos e as nosas obrigas e que preserva a nosa memoria.
Neste día especial queremos tamén convidar a visitarnos aos responsables das administración públicas para que nos coñezan de perto. Para que vexan como nestes últimos anos:
- se reduciu o persoal e os orzamentos dos arquivos da Xunta de Galicia,
- os edificios desta administración están colapsados e non dispoñen de espazo para realizar a súas funcións,
- e en cidades como Vigo e Santiago segue sen existir prazas de profesionais dos arquivos. Que se podería dicir cando se trata de concellos máis pequenos…
Neste día especial aquí estaremos a traballar, e mañá tamén.
Desde BAMAD Galicia celebramos e traballamos polo recoñecemento dos profesionais que nesta situación seguen traballar sen desmaio.
Na Coruña a 9 de Xuño de 2016
A Xunta Directiva de Bamad Galicia
Categorías:Arquivos, Noticias Bamad