Celebración do Día Internacional dos Arquivos 2016
O día 9 de xuño os arquivistas de todo o mundo celebramos a importancia da nosa profesión. Ese día de 1948 foi creado o Consello Internacional de Arquivos (ICA/CIA) promovido pola Unesco. En 2007 o CIA decide adicar esa data a comemorar e visibilizar os arquivos e a profesión.
O lema deste ano é “Arquivos, Harmonía e Amizade” e o Consello Internacional de Arquivos fai un chamamento a compartir experiencias, a importancia do noso traballo e a demostrar que a profesión arquivística é divertida, inclusiva, variada e que contribúe, aporta e é útil para a sociedade.
O mesmo lema utilizarase tamén para o Congreso que o Consello Internaciol de Arquivos celebrará en Seúl do 5 ao 10 de setembro.
As actividades oficiais ao redor desta data poden seguirse nas redes sociais promovidas polo propio Consello:
Galicia:
Algunhas actividades nos arquivos galegos (en construción):
Actividades nos Arquivos de Galicia dependentes da administración da Xunta de Galicia
ARQUIVO DE GALICIA
- Do 6 ao 10 de Xuño: exposición de documentos da Real Sociedade Económica de Amigos do País. Visitas de 9 a 14h. Reservas: arquivogalicia.cultura@xunta.es, tel.: 881 999 665
- Día 9 de xuño: Xornada de portas abertas e Vistas guiadas ás 9 e 14h.
- Día 9 de xuño: 11h. presentación do depósito do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País.
ARQUIVO INTERMEDIO MILITAR NOROESTE DE FERROL
- Día 9 de xuño: Visitas guiadas ás 10.30 e 12.30h.: Tel. : 981 319 009 e correo electrónico mriaqui@et.mde.es
ARQUIVO DO REINO DE GALICIA
Día 9 de xuño:
- 10,30h. e 17h. Coñecer o Arquivo: visitas guiadas ás instalacións do arquivo e á mostra documental.
- 11.30h. e 18h. Obradoiro de pergamiño
- 18h. Obradoiro de encadenación
Reservas: 881 960 360, arq.reino.galicia@xunta.gal
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE LUGO
Día 9 de xuño:
- Visitas guiadas: durante todo o día
- 11h. Documentos singulares: “Estatística escolar da Escola da Ermida”
Reservas: 982 828 318. ahp.lugo.informacion@xunta.gal
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE
Xornadas de portas abertas: os días 7, 8, 9 e 10 de xuño. Visitas teatralizadas ás instalacións do arquivo:
- Obradoiro didáctico: O segredo dos Franciscanos: días 7 e 9 ás 18,30h. e 8 ás 18,30h.
- O arquivo: unha viaxe a través da porta do tempo: días 9 e 10 ás 12 e 19h.
- 9 de xuño: proxección da curtametraxe “O Fénix da memoria”, ás 20.15h.
Reservas: begogal@xeitura.com, ou tel.: 650 057 011 e 988 788 228 e arq.prov.ourense@xunta.gal
ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Xornadas de portas abertas: os días 9 e 10 de xuño. Visitas ás instalacións e mostra de documentos medievais de fontes para a toponimia:
- Xoves 9: ás 12 e 17h.
- Venres 10: ás 12h.
- Día 10 de xuño ás 19h. Conferencia e velada musical: Arquivos, toponimia e tradición oral con Xosé Lois Vilar Pereira e ás 20h. Velada musical a cargo das violinistas Antía García e Montserrat Vilasante.
Reservas: 986 852 118, arq.historico.pontevedra@xunta.gal
ARQUIVO CENTRAL DA CONSELLARÍA DE CULTURA
9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.
Reservas: 981 957 573, arquivo.cultura.sc@xunta.gal
ARQUIVO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN LUGO
9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.
Reservas: 982 294 240
ARQUIVO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN PONTEVEDRA
9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.
Reservas: 886 206 617, arquivo.cultura.pontevedra@xunta.es
ARQUIVO TERRITORIAL DA XUNTA DE GALICIA EN VIGO
9 de xuño: Xornada de portas abertas e visitas guiadas ás 10 e 12h.
Reservas: 986 817 799 / 986 817 620, arquivo.vigo@xunta.gal
Categorías:Arquivos
Os nosos parabéns e a nosa admiración polo labor dos e das arquiveiras e bibliotecarias, especialmente as —e os— de Galicia.
Como un xeito máis de pensar a realidade relacionándoa cos arquivos e cos catálogos, na páxina web euseino.org publicamos estes dous artigos:
https://euseino.org/2016/03/29/catalogo-do-mundo-1/
https://euseino.org/2016/05/24/catalogo-do-mundo-e-2/
Repárese nas imaxes incluídas no primeiro dos artigos:
Os ficheiros do Mundaneum (Mons, Bélxica); fundado por Paul Otlet e Henri La Fontaine, son os creadores do Repertorio bibliográfico universal,
e
Foto das dependencias do Repertorio Bibliográfico Universal contra 1900.
Cordialmente,
Fundación Euseino?