Abril, mes do Libro
En Abril celebramos dúas datas importantes para as bibliotecas o Día do Libro infantil e Xuvenil, o 2 de Abril, e o Día do Libro, 23 de Abril.
O Día do Libro Infantil e Xuvenil é fomentado polo IBBY (International Board on Books for Young People) e levado aos distintos territorios polas organización do libro infantil e xuvenil. No caso Galego a actividade é fomentada por Gálix e cada ano o IBBY encárgalle o manifesto e a ilustración a unha das organizacións nacionais que forman parte da organización. Este ano o Manifesto e a a ilustración foron realizados pola organización Brasileira: texto de Luciana Sandroni e ilustracións de Ziraldo.
No blogue de Gálix informan de como se sumar a esta iniciativa desde a Biblioteca e outras entidades.
Como cada ano queremos anunciar algunhas das actividades que se celebrarán nas Bibliotecas Galegas.
Actividades nas Bibliotecas Galegas (en contrución):
Corcubión: Biblioteca Municipal
- 23 de abril: Libros En-cantados con Magín Blanco, ás 12h.
A Guarda: Biblioteca Municipal
- Durante todo o mes: Certame de microrrelatos
- 2 de Abril: cinema familiar: O Fabuloso Andersen, 17,30h. no salón de actos do Centro Cultural.
- 22 de Abril: cine, Os Miserables, 21h. no salón de actos do Centro Cultural.
- 23 de Abril: “Contos contados polo Día do Libro” e obradoiro “Anímate a Ler“, 11.30h.
- Programa completo
Coruña: Biblioteca Pública Miguel González Garcés
- 2 de Abril: Contos de Pablísimo: Mans: espectáculo de teatro e narración oral, 12h.
- Pablísimo: Adopta un animal: un caracol
- Programa completo
Lugo: Biblioteca Pública
- Concurso da OEPLI: Adopta un animal.
- Mostra Bibliográfica: 4º centenario da morte de Cervantes. As edicións do Quixote na Biblioteca de Lugo.
- 1 de Abril: Contaconto: Continentes: contos do mundo, con Chus Álvarez, ás 18h.
- 22 Abril: visitas guiadas
- 25 Abril: sorteo de libros
- Programa completo
Ortigueira: Biblioteca Juan Fernández Latorre
- Abril: durante todo o mes exposición: Nós contamos así
- 5 e 6 de Abril: Obradoiros creativos para nenos e nenas de 3 a 8 anos
- 20 de Abril: Contos que deixan pegada con Pavís Pavós
- 21 de Abril: III edición de Séntate a Ler
Ourense: Biblioteca Pública
- 2 de Abril: Teatro de sombras e Obradoiro O Monstro de Cores co Colectivo As Raiolas, ás 12h.
Pontevedra
Salón do Libro: No Pazo da Cultura durante todo o mes
Redondela: Rede de Bibliotecas
- 31 de Marzo: Pregón do Día do Libro na Radio de Redondela
- 6 de Abril: Babar o Contacontos con maría José Villar, na Biblioteca de Redondela, 10.45h.
- Exposición Jean de Brunhoff e Babar: Mostra bibliográfica, no edificio multiusos
- 8 de Abril: Contos para bebés con Pavís Pavós, ás 18h. na Axencia de Lectura de Chapela,
- 16 de Abril: Visita do Club infantil de lectura de Chapela aos estudos de Radio Redondela e gravación de programa de radio no matinal A Estación
- 20 de Abril: Contacontos “O Poeta do Miño, unha homenaxe a Manuel María” con Polo Correo do Vento
- 22 de Abril: Contacontos, Érase unha vez uns zapatos con Fátima Fernández, ás 18h. na Biblioteca de Redondela
Ribadavia: Biblioteca Municipal
- Abril: Mostra bibliográfica infantil sobre o Teatro.
- Exposición dos primeiros carteis da Mostra Internacional de Teatro na Casa da Cultura de Ribadavia
- 2 de abril: teatro con Tarabelos e “O traxe novo do rei” para maiores de 3 anos
- 23 de abril: con Trécola Teatro e “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa”
Santiago de Compostela:
Biblioteca Pública Ánxel Casal:
- 31 de Marzo: Contacontos con Margarita Castro, 18,30h.
- 2 de Abril: Conto Contigo con Manuel Solla, ás 12h.
- Mostra bibliográfica sobre Hans Christian Andersen
- 18-23 de Abril: Liberación de Libros, Sorteo de Libros e Visitas Guiadas
- 23 de Abril: Contacontos: Titiricleta do Titiricleteiro, a cargo de Carballo con Botas
- Mostra dedicada ao 400 aniversario da morte de Cervantes
Concello de Santiago: “Contos para despois da chuvia”, XVI Campaña municipal de Animación á lectura con Kalandraka. Do 1 de abril ao 14 de maio na Galería Sargadelos.
Biblioteca Fundación Eugenio Granell
- 20 e 21 de abril: Libro por libro: feira de intercambio de libros de arte, 20 e 21 de abril.
- 22 de abril: Bookcrossing
- Programa completo
O Saviñao: Biblioteca Municipal
Do 28 de marzo ó 8 de abril:
- Exposición de libros protagonizados por animais, para inspirarvos a que participedes no …
- Concurso “Adopta un animal de conto”.
- Cada préstamo que se realice levará un préstamo sorpresa que non se verá ata chegar á casa.
O día 1:
- Lectura e reparto de trípticos da mensaxe de Luciana Sandroni con ilustración de Ziraldo, conmemorativos desta data.
- Presentación da “Casa dos Libros”. Casa para que os usuarios pinten colocada na praza.
- Contacontos con obradoiro de encadernación.
Os días 8, 15 e 22 de abril, obradoiros “Palabras creativas”, a cargo de Arelar Xestión Socioeducativa.
Do 18 ó 22 de abril:
- Regalo dunha rosa de papel elaborada nos talleres de origami da biblioteca.
- “Cita a cegas”: ofrecerase un préstamo sorpresa cun libro envolto, con algunha pista sobre o seu contenido.
Aberto prazo entrega certames: III Certame de Divulgación Mulleres de Lemos, e Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas.
Sober: Biblioteca Pública Municipal
- 1 de Abril: Merenda con contos: Como me gustan os contos de Andersen.
- 8 de Abril: IV centenario de Cervantes: Merenda con contos, preparación exposición polo centenario.
- Os retratos no Quixote, obradoiro de manualidades, retratos dosa personaxes.
- Lecturas do Quixote
- 15 de Abril: Titeremusicontos: A xanela do Maxín
- 20 de Abril: contacontos: Catrocentos anos despois: A trastenda dos contos con Caxoto.
- 22 de Abril: Exposición IV centenario de Cervantes
- A trastenda dos contos con Caxoto
- Bookcrossing
- 29 de Abril: IV Mercadillo dos libros
- Programa completo
Teo: Biblioteca dos Tilos
- 2 de Abril: na Mediateca dos Tilos: Contaconstos Riciños de Ouro con TrinkeTrinke, 18h.
Verín: Biblioteca Pública Municipal
- 30 de Marzo a 14 de Abril: Ciclo de Conferencias de Novela Negra
- 1 de Abril: Contacontos e Manualidades realizadas polo persoal voluntario da biblioteca, ás 18h.
- 4 e 5 de Abril: Visitas escolares
- 20 de Abril: Semana do Libro: Contacontos e Manualidades realizadas polo persoal voluntario da biblioteca.
- 22 de Abril: Quijote galego: a vida de Miguel de Cervantes, por César Brandariz
- Programa completo
Vigo: Biblioteca Xosé Neira Vilas
- 1 de Abril: Obradoiro con Ramón Trigo, 18h.
- Do 1 ao 16 de Abril: Mostra bibliográfica: títulos actuais de LIX
- 25 de Abril: Obradoiro de papel mármore, 18h.
- Do 18 ao 30 de Abril: 400 anos de Cervantes, Mostra bibliográfica
- Programa completo
Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura