Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2016
Canta bichería!
O Salón do Libro de Pontevedra realízase este ano entre o 1 e o 23 de Abril, aínda que xa desde o 21 de Marzo ofrece actividades para todos os públicos dentro dun amplo programa.
Este ano, como novidade de interese para a nosa asociación, Bamad Galicia, foi convidada a participar realizando unha actividade dentro do Salón. Desta maneira o sábado 16 de Abril ofrecemos unha actividade de dinamización lectora dirixida a profesionais das bibliotecas e persoas interesadas.
Obradoiro de mediación lectora “Imos cazar un oso” ou como contar dramatizando
Formadora: Alexia Dotras Bravo, profesora da Escola Superior de Educação de Bragança, Centro de Literatura Portuguesa. Coordina clubes de lectura para adultos en institucións culturais (bibliotecas, librerías…), actividades de mediación á lectura, iniciación á literatura. Ten participado en charlas, feiras do libro, e actividades de contacontos e narración oral.
Duración: 6h. en quenda de mañá e tarde
Data: sábado 16 de Abril
Certificado de asistencia
Prazas: 25
Prezo: gratuíto (prioridade membros de Bamad até o 3 de abril)
Matrícula gratuíta. Inscrición previa
Programa:
- Coñecemento dos recursos: literatura oral, literatura culta, editoriais, autores e ilustradores actuais…
- Recursos para contar: expresión oral, exprsión xestual, expresión corporal. Ler e contar. Textos e memoria.
- Escolla de conto para contar e ensaios
- Concepto de dramatización: recursos necesarios. Uso da cara,do corpo, da voz, da roupa.
- Exercicios prácticos: guiados, improvisación con música, uso de sons e imaxes…
- Preparación do conto final. Aqui contamos tod@s e tod@s contamos.
Escoller ben os relatos, coñecer o mundo editorial do álbum ilustrado, diferenciar ler de contar, coñecer as claves da dramatización para o contacontos… son algunhas das accións en que nos mergullaremos, creando unha atmósfera lúdica e literaria, onde tod@s participemos, para acabar contando tod@s.
A esencia do conto reside na capacidade de “facer como se”, e para iso precisamos de certos recursos. Cada día utilizamos a voz, o xesto, o corpo para relatar as cousas que nos suceden, poñéndonos no lugar de outros. O xogo da dramatización acompáñanos de maneira semi-inconsciente, así que imos darlle toda a relevancia posible, coñecendo os seus mecanismos, teatralizando sitaucións cotiás e creando un ambiente dramático, no seu senso máis intenso. O mismo concepto de “dramatización” remite á acción, á representación; comenzaremos, logo, polo principio dos principios.
Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura