O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas que se ven celebrando desde o ano 2004 nas bibliotecas españolas.
Esta actividade, promovida pola Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, ten como obxectivo concienciar a sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor do persoal bibliotecario.
Cada ano unha persoa autora e unha ilustradora, de recoñecido prestixio, son os encargadas da redacción do pregón e o deseño do cartaz que se difunde entre todas as bibliotecas do Estado. Neste ano 2015 as persoas seleccionadas son os autores Diego Arboleda, escritor Premio Nacional de Literatura Infantil 2014 e Leticia Ruizfernández, ilustradora.
O Observatorio de la Lectura y el Libro propoñen a campaña #vivalabiblio en Twitter no que popoñen “declarar o amor” por algunha biblioteca e/ou persoal bibliotecario. Realización dun vídeo que recolle testemulas de 6 personas anónimas explicando por que as bibliotecas son importantes nas súas vidas.
O Día das Bibliotecas tamén se celebra nas bibliotecas galegas con numerosas actividades, algunhas das cales indicamos a continuación (en construción):
Utilizaremos #DíadaBiblioteca para difundir as actividades.
Carballo:
Biblioteca Rego da Balsa:
- Sábado 24: Spain in a day. Este día no que a biblioteca cumpre o seu primeiro aniversario, vaise participar no proxecto dirixido por Isabel Coixet da gravación dunha curtametraxe que mostre o día a día na biblioteca: ofercerlles aos usuarios a posibilidade de realizar eles mesmos o seu “Spain in a day” na biblioteca nese 24 de outubro e utilizar o vídeo para dar a coñecer o traballo do persoal bibliotecario e ofertar un novo enfoque de biblioteca.
Corcubión:
Biblioteca Municipal:
- Sábado 24: Migallas Teatro coa obra “Merenda con pan de millo”, de 4 a 12 anos, ás 12h. na Casa da Cultura
Coruña:
Biblioteca Provincial da Deputación:
- Venres 23: Bookcrosing, Exposición do fondo documental antigo, Obradoiro sobre Alicia no país das maravillas…
- Sábado 24: Obradoiro de robótica e programación e Obradoiro de experimentos.
- Programa completo
Coruña:
Biblioteca Pública Miguel González Garcés:
Actividades na semana do 19 ao 25 de outubro.
- Do 19 ao 27: Obradoiro de expresión corporal “As cidades invisibles” de Italo Calvino
- Sábado 24: Contos do marmeleiro, anís e limón con Marisa Irimia, para maiores de 4 anos.
- Programa completo
Oleiros:
Bibliotecas Municipais:
Sobres sorpresa, obradoiros, contacontos, actuacións musicais e actividades para o Día da Biblioteca 2015 desde o 21 ao 30 de outubro.
Ortigueira:
Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre:
- Mércores 21 ás 17:30 h. “Libros en-cantados” con Magín Blanco. Actividade para público infantil e familiar incluída no programa Ler conta moito.
- Do Xoves 22 ao mércores 28 campaña “Ser soci@ dache +”: Os socios da biblioteca que consigan que outra persoa solicite o seu carné recibirán un agasallo, igual que o novo soci@.
Ourense:
Biblioteca Pública:
- Sábado 24: obradorio para coñecer o mundo das bibliotecas a través do libro A raíña de Turnedó de Gloria Sánchez e Pablo Otero , para nenos e nenas maiores de 6 anos.
Redondela:
Biblioteca Municipal Valle-Inclán:
- Venres 23: Contacontos de libros contentos con Carmen Domenech (Títeres Cachirulo) ás 18,30h., nenos e nenas maiores de 4 anos, na Axencia de Lectura Municipal de Chapela.
Rianxo:
Biblioteca Municipal Castelao:
- Venres 23: Por que é salgada a agua do mar?, con Os Quinquilláns, 19h. para todos os públicos
- Sábado 24: de 11 a 14 h. actividades sobre o mar: visitas guiadas, obradoiros e exposición sobre o mar.
- Programa completo
Ribadavia:
Biblioteca Municipal:
Venres 23:
- “Conto contigo” da compañía Expresión produccións. Animación á lectura con contacontos, monicreques e maxia.
- Ademais de contos, trabalinguas, cancións, concursos etc. as 11 h. na sala infantil da biblioteca. Nenos de 1º e 2º de Primaria
- Sorteo de libros.
Santiago de Compostela:
Biblioteca Pública Ánxel Casal:
- Durante todo o mes de outubro na sala infantil: Mostra bibliográfica “Historias de biblioteca”
- Na semana do 19 ao 24 de outubro: Liberación de libros
- Venres 23: Visitas guiadas ás 12 e 16 h.
- Venres 23: Quen matou ao bibliotecario?, sala infantil, ás 18,30h. de 6 a 12 anos.
- Sábado 24: entrega de lotes de libros aos superlectores infantís e adultos.
- Sábado 24: contacontos: “Libros en-cantados” con Magín Blanco ás 12h.
- Desdo o 24 de outubro ao 11 de decembro: IV Concurso de fotografía Lendo en Compostela, para participar e envío de obras: biblio.publica.santiago@xunta.es
- Programa completo
O Saviñao:
Biblioteca Municipal:
- Venres 23: Noite na biblioteca: de 22 a 24.30h.: Visitas guiadas, Microvisitas, Actividades xaponesas, Obradoiro de cociña, xogos, contos do mundo, obradoiros, Encontro con Rhodea Blasón, Xogando con Filgueira Valverde.
- Sábado 24: cea de confraternidade na Pobra de Brollón ás 21,30h. Entrega de premios do II Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: María Castaña e convocatoria do III Certame.
- Programa completo
Verín:
Biblioteca Pública Municipal:
Actividades na biblioteca durante todo o mes de outubro, sinalamos as da semana do 24:
- Mércores 21: “O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega”, conferencia a cargo de Miguel Losada (Sociedade Antropolóxica Galega
- Venres 23: Celebración do Día da Biblioteca, contacontos e manualidades, de 3 a 9 ano
- 27 e 28 de Outubro: Obradoiro de cabazas do Samhain, de 3 a 9 ano
- 29 de Outubro: Presentación da obra “Amigo medo”, do autor Javier López Rodríguez, ás 19:30 horas, entrada libre na Biblioteca do Concello de Verín
- 30 de Outubro: Samhain na Biblioteca, contacontos e manualidades, de 3 a 9 anos
Vigo:
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel:
- Xoves 22: “Historias de cores”. Ana Carreira. Narración oral para nenos e nenas.
- Venres 23: Xornada de portas abertas: Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00.
- Sábado 24: “Periplo interestelar”. Polo Correo do Vento.
Vigo:
Centro Oceanográfico de Vigo:
- Do 20 ao 26 de outubro: Seguimos Buscando a Nemo: chamamento á colaboración de todo o persoal do Centro para aportar ideas/suxestións/queixas de cara á mellora continua da Biblioteca. Obsequios aos participantes.
Xermade:
Biblioteca Municipal:
- Obradoiro creativo: “Os cazatesouros da rede“, busca de información en internet
- Boletín das últimas novidades na biblioteca
Categorías:Bibliotecas
1 reply ›