A nosa compañeira bibliotecaria María José Villar, da Axencia de Lectura de Chapela (Rede de bibliotecas de Redondela) envíanos a primiera crónica desde a súa chegada á illa de Santiago onde realizará labores de cooperación dentro do programa Vacacións con Traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Como xa informamos na noticia: Traballadora da biblioteca municipal de Redondela participa no programa Vacacións con traballo, realizará o seu traballo na Biblioteca Municipal de Santa Cruz. A súa primeira crónica pode lerse na noticia publicada no blogue de Vacacións con Traballo: Primeiro contacto coa biblioteca da Cámara Municipal de Santa Cruz, artigo no que nos presenta a biblioteca e o seu responsable.
Adentrándonos na materia bibliotecaria, un dos seus cometidos será axudar na automatización dos fondos. Neste sentido a biblioteca carece de programa de xestión bibliotecaria e están procurando programas adecuados para a xestión da biblioteca. Nesta semana visitará a Biblioteca Nacional de Cabo Verde para ver as posibilidades de información e apoio ao proceso de automatización do catálogo.
Desde Bamad desexámoslle moita sorte e animámola a que siga coas súas crónicas.
Categorías:Bibliotecas, Noticias Bamad