A data do 24 de Outubro foi escollida como día para sinalar a importancia das bibliotecas na sociedade. Esta data foi creada en 1997 pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil co apoio do Ministerio de Cultura. Para o 2014 o cartaz foi deseñado por Carmén Solé con texto de Antonio Rodríguez Almodóvar como Pregón Homenaxe a Ana María Matute.
Mostra das actividades que se realizarán en Galicia para comemorar esta data. Se sabes de máis actividades por favor ponte en contacto con administracion@anabadgalicia.net para que as podamos difundir.
ALGUNHAS ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS GALEGAS (en construción)
Antas de Ulla: Biblioteca Municipal: Lectura do pregón e Contos populares a cargo de Concepción Castiñeira Gavieiro.
A Coruña: Biblioteca da Deputación: Biblioteca Móbil: a biblioteca na rúa, Proxección video: As bibliotecas persoais na Biblioteca da Deputación, Obradoiro de postais móbiles, Selfie da biblioteca e Visitas guiadas… Programa completo.
A Coruña: Biblioteca Publica:
- Todo o mes: Obradoiro de escritura creativa con Adolfo ponte Velasco, nova sesión o 24 ás 18h.
- 24 de outubro: Un ano de voluntariado coa Biblioteca Quitapenas: intercambio de penalizacións por alimentos entregados a Cáritas e ao Banco de alimentos.
- 25 de outubro: Contacontos con Charo Pita: Palabras percutidas, un ritmo de fábula, para público infantil, ás 12h.
A Coruña: Bibliotecas Municipais: Semana da Biblioteca dedicada aos Clubs de Lectura.
- Mércores 22: Encontro con John Banville, premio Principe de Asturias das Letras
- Xoves 23: Obradoiro de Literatura Online. Concerto de AgoraSón
- Venres 24: Encontro dos Clubs de Lectura
- Programa Completo
Lugo: Biblioteca Pública:
- Mércores 22: Libros, imaxes, curtametraxes: obradoiro creativo
- Venres 24: Xornada de portas abertas. Contacontos: O Home do saco
- Programa completo
Melide: Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor: Xornada de Teatro escolar. Programa completo
Oleiros: Bibliotecas Municipais: Amplo programa de actividades con Maxia, teatro, contacontos, sobres sorpresa e agasallos de libros nas Bibliotecas da rede municipal. Programa completo
Ortigueira: Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre: Regalo de marcapáxinas ás persoas que utilicen o servizo de empréstimo e contacontos “Pastoreando alegrías” con Carmen Domech ás 17,30h.
Ourense: Biblioteca Pública:
- Luns 20: Obradoiro de escrita con Francisco Castro
- Martes 21: Contiños con Susana e Obradorio de Maquetación de libro electrónico
- Mércores 22: Club de debate
- Xoves 23: Obradorio de iniciación á internet e ás redes sociais. Chiquiclub: Soñei que era unha árbore.
- Venres 24: A Biblioteca na rúa; Kamishibai: Un conto da Antártida; Sorteo de Libros; Proxección de En Busca da Memoria: Eric Candel (Nobel de medicina 2000), Cineclube Padre Feijoo
- Programa completo
Redondela: Bibliotecas Municipais
- Libros solidarios do 24 de outubro ao 28 de novembro: campaña de recollida de alimentos
Chapela:
- Venres 24: Contacontos A Orixe, con Raquel Queizás
- Luns 27: Contacontos para adultos: Contos susurrados con Fátima Fernández
Rianxo: Biblioteca Municipal Castelao: Acampada na Biblioteca, Contacontos e música Libros En-cantados, música en familia con Magín Blanco o venres 24 ás 18h.
Ribadavia: Biblioteca Municipal: Contacontos O Principe predestinado con Mª Eugenia Muñoz Fernández. Todas as tardes da semana do 24 Obradoiros.
Santiago: Biblioteca Pública Ánxel Casal: Semana do 20 ao 24 de outubro: Xornadas de portas abertas, Agasallos de lotes de libros aos superlectores, Queres ser axudante de Biblioteca?, Obradoiro, recreamos a historia do libro con realidade aumentada,Concurso de fotografía Lendo en Compostela, Liberación de Libros, Exposición a Biblioteca Pública 1955-2014… Programa completo
O Saviñao: Biblioteca Municipal: Noite na Bibliotecacoas seguintes Actividades: Visitas Guiadas, Merenda infantil, O lapis máxico, Contos ao revés, Obradoiros. De 10 a 24h. Máis información
Sober: Biblioteca Municipal:
- Día 24, actividade no CEIP Virxe do Carme pola mañá e visitas escolares á biblioteca pola tarde.
- Presentación das actividades: 20 anos da biblioteca, exposición de fotografías de usuarios.
- Exposición 20 anos entre libros 1994-2014 do 24 de outubro ao 7 de novembro no centro sociocultural de Sober.
- Cea do Día da Biblioteca co colectivo Lemos Le: ás 22h. no Centro do Viño de Monforte de Lemos. Entrega do Premio do 1º Certame Mulleres de Lemos, organizado polo colectivo de bibliotecarios da Comarca de Lemos: Lemos Le.
Verín: Biblioteca Municipal: contacontos e manualidades para nenos e nenas, de 18 a 19.30h., coordinado polo voluntariado da biblioteca.
Vigo: Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas: Contos Dakí con Avelino González ás 19,30h. para adultos.
Vigo: Biblioteca Pública Juan Compañel:
- Martes 21: Recursos educativos na internet para os seus fillos
- Mércores 22: Pasen y escuchen, Pasen y lean, programa de fomento da lectura realizado por voluntariado
- Xoves 23: Palma repalma: contos para bebés, con Pavís Pavós
- Venres 24: Merenda con pan de millo de Migallas Teatro. Xornada de portas abertas.
- Sábado 25: Workshops english: contos e obradoiros en inglés
- Programa completo
Xermade: Biblioteca Municipal: Grupo de Teatro de Ribadeo que representará a comedia para todos os públicos “Os Putativos”, domingo 26 ás 18h. no salón de actos do CEIP de Xermade.
Categorías:Bibliotecas, Libros e Leitura, Noticias Bamad