Perfís profesionais en Bibliotecas Públicas


livros

ANABAD-Galicia ten detectado falta de criterio en moitas institucións, principalmente na administración local, á hora de determinar os perfís dos profesionais que van ocupar postos de traballo nas súas bibliotecas. Desta maneira encontrámonos con convocatorias de oposicións que non recollen as características profesionais que deberían ser acordes ao traballo a desenvolver. Tamén nos encontramos con propostas de RPT nas que o peso e a importancia que deberían ter os profesionais das bibliotecas non se encontran ao nivel das características determinadas polos organismos nacionais e internacionais encargados de establecer normas e recomendacións sobre bibliotecas.

Mentras non se desenvolva na súa totalidade a Lei 5/2012 de Bibliotecas e se estableza a tipoloxía das bibliotecas e as características do persoal que debe atendelas, cremos conveniente recomendar unha serie de perfís profesionais mínimos coa finalidade de orientar ás administracións nas caracerísticas do persoal co que debería contar nos seus servizos bibliotecarios. Así, a comezos de Abril, enviamos á FEGAMP unha proposta de perfís profesionais para bibliotecas públicas para que este organismo difunda entre os concellos galegos a nosa proposta. Facemos tamén público o documento para que calquera profesional, organizacións e sindicatos poidan utilizar esta guía para reforzar a figura profesional do persoal bibliotecario.

2 replies

  1. E imprescindible que os Concellos sepan pronto as súas obrigascas Bibliotecas que dependen da sua xestión, tanto de orzamentos coma da cualificación dos seus traballadores. O desconeñecemento e absoluto o que conleva que as Bibliotecas municipais funcionen máis pola boa vontade dos seus encargados que por un programa racional que asegura a sua operatividade ea consecución dos seus obxetivos. Da situación do personal xa é mellor nin falar porque moitas veces raia no surrealismo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.