O Dereito a ler en electrónico!


ebook-logoANABAD GALICIA súmase á Campaña de EBLIDA, que en España é realizada por Fesabid, do Dereito a Ler en Formato Electrónico.

Pódese acceder a máis información e materiais desde o noso apartado de Campañas.

As Actividades:

  1. Difusión entre as persoas asociadas ás bibliotecas e  nos medios de comunicación dos materiais de difusión da campaña.
  2. Animar ás bibliotecas a que coloquen o cartel
  3. No programa de actividades do Día do Libro, informar sobre a campaña
  4. Enviar o Manifesto da campaña aos responsables políticos 
  5. Intentar que os medios de comunicación locais se fagan eco da campaña
  6. Fomentar a campaña nas redes sociais co hasthtag #eread

 

Colocamos o Manifesto para o voso coñecemento.

 

 O Dereito a ler en electrónico! 

 

Que queremos?

Queremos proporcionar aos nosos usuarios as últimas novidades publicadas en formato electrónico, tal e como viñemos facendo cos libros impresos. 

Pero algúns editores impídeno, negándose a proporcionar ás bibliotecas as licenzas necesarias para o préstamo de libros electrónicos. As enquisas mostran que máis do 50% dos libros electrónicos “best sellers” non son accesíbeis desde as bibliotecas. 

Queremos comprar libros electrónicos a prezos xustos e con condicións de uso razonábeis. 

Pero moitos editores venden os libros electrónicos a prezos moi altos ou non os venden. Como resultado disto non podemos proporcionar un bo servizo aos nosos usuarios. 

Queremos que os autores reciban un pagamento xusto polo préstamo dos seus libros electrónicos, como o veñen percibindo pola súa obra impresa, ampliando o Dereito ao Préstamo Público mediante a inclusión do préstamo do libro electrónico nas bibliotecas. 

Normalmente os autores non reciben remuneración algunha polo préstamo de libros electrónicos nas bibliotecas, na maioría dos Estados Membro da UE. 

Queremos que toda a cidadanía – non só os que o poidan pagar- se beneficien do acceso libre aos libros electrónicos nas bibliotecas. 

Baixo a actual Lei de Propiedade Intelectual os editores poden negarse a subministrar libros electrónicos ás bibliotecas 

Por tanto, PEDIMOS unha Lei clara de Propiedade Intelectual, que permita ás bibliotecas cumprir coa súa misión, para o século XXI, de proporcionar a toda a cidadanía da Unión Europea, o acceso á riqueza do coñecemento e a ficción humana tanto desde a biblioteca presencial como a distancia.

 MARCO LEGAL XA! 

eread2baixa

1 reply

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.