O día 19 de xullo de 2012 no campus de Ourense da Universidade de Vigo celebrouse un acto no que se lle impuxo o nome de Olga Gallego Domíguez a un dos tres pavillóns do propio campus.
Participaron representantes de ANABAD-Galicia nunha nova homenaxe á arquiveira, á mestra de arquiveiros e á presidenta da nosa asociación que foi.
Agradecémoslle á Universidade de Vigo e especialmente ao Campus de Ourense a deferencia que tivo coa nosa querida Olga Gallego.
Dende a asociación seguimos a traballar tamén para que a administración na que desenvolveu a súa traxectoria profesional lle faga un recoñecemento similar.
Noticia publicada pola Universidade de Vigo
Categorías:Noticias Bamad