ANABAD-Galicia acometeu, fai agora un ano, un cambio nas ferramentas de comunicación que utilizaba na rede e cos seus asociados, incorporándose ás redes sociais. Agora, transcorrido un ano destes cambios podemos dar conta do que significou, coa finalidade de seguirmos mellorando na cobertura da información na nosa área.
Blogue:
En Xullo de 2011 deixamos o blogue que durante 5 anos mantíñamos en blogsome e cambiamos para un novo en WordPress, http://anabadgalicia.net, por contar este cun xestor moito máis avanzado que nos permitía incorporar outras ferramentas. Comezamos tamén a aventura de utilizar Twitter e Facebook, como novas formas de comunicación e difusión.
Neste tempo contamos con 83 gostos na páxina de Facebook, 358 seguidores no Twitter e 8 subscritores ao blogue. Non parecen uns números moi importantes, porén o tráfico xerado polos seguidores a través das diferentes ferramentas contribuiu a que o blogue fose visitado máis de 13.000 veces.
Ademais do tráfico directo ás noticias, os medios a través dos que chegaron as visitas foron, por orde de importancia: Facebook, Recbib, Twitter e o web da Federación, Anabad.org.
Publicáronse en total 34 artigos (2,8 por mes). En todo este tempo o mes máis visitado foi novembro de 2011 con 1.631 visitas. Neste mes publicáronse 3 noticias das que a máis consultada foi a Declaración de Anabad-Galicia ante os recortes nos servizos culturais . No conxunto de todos os post, a noticia máis vista foi a das actividades realizadas con motivo do Día do libro, publicada o 18 de Abril: , con 357 visitas. A semana na que se publicou esta noticia foi tamén a de máis consultas con 685 visitas.
O día con máis visitas foi o 15 de febreiro con 244 visitantes. Neste día publicáronse o post e a páxina da campaña Eu Amo as Bibliotecas Públicas e colocouse o acceso ás publicacións de Anabad-Galicia.
No 2011 (xullo-decembro) fomos visitados 6.128 veces e, de xaneiro a xuño de 201, 7.277 veces. A media diaria de visitas foi de 32 en 2011 e 40 no que vai de 2012.
Twitter:
No Twitter publicamos 1.192 noticias seguimos a 307 persoas e contamos con 371seguidores.
Facebook:
83 gostos que implicaron que as noticias poideron ser vistas por cerca de 20.000 fans dos nosos seguidores. Xa indicamos máis arriba que é o medio que está atraendo maior número de visitas ao blogue.
Esperamos seguir contando coa vosa participación na redifusión das novas de interese para as nosas profesións.
Categorías:Noticias Bamad