Xornada “Mulleres e Historia: Olga Gallego Domínguez”


Xornada “Mulleres e Historia: Olga Gallego Domínguez” que terá lugar no Consello da Cultura Galega  o vindeiro día 27 de outubro de 2011.

 Herdeira da tradición humanista que caracterizou a Arquivística dos séculos XIX e XX,  a arquiveira e historiadora Olga Gallego soubo ligala coas expectativas dos novos servizos públicos e transmitirlles ás novas xeracions unha visión en que traballo profesional e investigación van da man. Esta xornada, organizada pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e pola USC e coordinada por Carmen Pérez Pais e Concepción Varela Oriol, quere contribuír, ademais, a través da figura desta profesional, a visibilizar o labor de tantas mulleres que sostiveron e sosteñen o sistema de arquivos e bibliotecas públicas.

 

Pode consultar o programa completo e facer a súa inscrición en:

http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=309

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.